Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Análise e interpretación literaria de textos do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentacións orais na aula sobre un tema ou texto relacionado cos contidos da materia, que será previamente acordado coa profesora. Poderá realizarse individualmente ou en grupo. 10
Traballos de aula Exercicios prácticos e comentarios de texto realizados polo alumnado na aula, individualmente ou en grupo, baixo a supervisión da profesora. A profesora requirirá a entrega por escrito dalgúns destes traballos ao longo do curso. A cualificación terá en conta tanto os traballos escritos coma a calidade da participación nos exercicios e debates orais. 20
Traballos e proxectos Ensaio individual, dunhas 5 páxinas de extensión, que consistirá no comentario crítico dun texto proposto pola profesora no que o alumnado deberá aplicar os conceptos teóricos estudados nas aulas, empregando o vocabulario específico e a terminoloxía crítica, identificando os recursos formais e aspectos estilísticos relevantes e axeitándose ás normas académicas de elaboración de traballos científicos. O traballo entregarase ao final do cuadrimestre, na derradeira sesión presencial do curso. 20
Outras Proba final que se baseará nos contidos da materia e combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos. Celebrarase na data oficial de xuño fixada pola Facultade. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua. A condición para ser avaliada/o será a asistencia a un mínimo do 80% das aulas. Se algunha alumna/o non pode cumprir esta condición, deberá comunicarllo á profesora argumentadamente ao comezo do cuadrimestre.

As faltas de asistencia deberanse xustificar razoadamente. Igualmente, é obrigatorio realizar e entregar no prazo estabelecido todos os traballos asignados durante o desenvolvemento das aulas. Os traballos non entregados ou entregados fóra de prazo contarán coma un 0.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un
suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un
plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.

O alumnado que non supere a avaliación continua poderá realizar na segunda edición das actas (xullo) un exame baseado nos contidos da materia que combinará preguntas teóricas e
exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Celebrarase na data oficial de xullo
fixada pola Facultade.

Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas con regularidade e se implique activamente no seu proceso de aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000