Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Análise e interpretación literaria de textos do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Sesión maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos teóricos da materia.
Estudos/actividades previos O alumnado deberá ler os textos obrigatorios, tanto os teórico-críticos coma os diversos textos literarios, con antelación ás clases nos que se comentarán. O calendario de comentario dos textos obrigatorios estará publicado en Faitic antes do comezo das clases. O alumnado debe consultar este calendario e realizar a lectura do material con anterioridade á clase correspondente.
Traballos de aula Exercicios prácticos e comentarios de texto realizados polo alumnado, individualmente ou en grupo, baixo a dirección e supervisión da profesora. Poderán ser tanto orais coma escritos e neles o alumnado deberá aplicar os contidos teóricos expostos nas sesións maxistrais.
Presentacións/exposicións Presentacións orais en grupo dun tema ou texto relacionado cos contidos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000