Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Análise e interpretación literaria de textos do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Sesión maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos teóricos da materia.
Presentacións/exposicións Presentacións orais na aula por parte do alumnado dun tema ou texto relacionado cos contidos da materia. Poderase levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Traballos de aula Fichas de lectura, exercicios prácticos e comentarios de texto realizados polo alumnado, individualmente ou en grupo, baixo a dirección e supervisión da profesora. Poderán ser tanto orais coma escritos e neles o alumnado deberá aplicar os contidos teóricos expostos nas sesións maxistrais.
Titoría en grupo Titoría que o alumnado mantén coa profesora da materia para asesoramento sobre o desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000