Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro III: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Exercicios orais e escritos a realizar durante as clases. 20 A2
A4
A5
B1
B3
B5
C20
Traballos de aula Realización/presentación de varios traballos - individuais ou en grupos, sobre temas diversos (gramática, léxico, pragmática e cultura lusófona). 25 A1
A2
A3
A4
B1
B3
B7
B10
C22
C147
Probas de resposta curta Unha proba escrita sobre contidos de civilización lusófona e sobre elementos de tradución e cultura portuguesa (a realizar en novembro). 20 A1
A2
A4
A5
B1
B5
B7
C20
C22
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba escrita sobre os contidos teórico-prácticos vistos durante o curso. O exame realizarase na última sesión de clase. 15 A1
A3
A5
B3
B5
C17
C20
C147
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Diferentes exercicios prácticos orais a realizar nas clases. Exercicios de tradución oral. Proba oral individual (última semana de clase). 20 A1
A2
A4
A5
B1
B7
C17
C20
C22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes deberán escoller, de forma obrigatoria nas dúas
primeiras semanas do cuadrimestre en cuestión, entre dúas opcións: un
sistema de avaliación continua (cf. supra descrición en "avaliación") ou
un sistema de avaliación única.


Recoméndase optar polo primeiro (avaliación continua) unha vez que se trata
do ensino dunha lingua estranxeira, sendo moi recomendable
asistir con regularidade ás aulas. Quen non teña a posibilidade de asistir
de forma regular ás aulas debe comunicalo ao profesor. Non
realizar as probas ou exercicios parciais, previstos polo sistema de avaliación

continua, terá como consecuencia unha
clasificación de 0 (cero) puntos na mesma.


A data do último exame de avaliación continua coincidirá coa
data do exame "avaliación única" indicada no calendario oficial da FFT (dispoñible en http://fft.webs.uvigo.es/horarios-curso-académico).
A data do exame
oral será acordada co profesor/a e terá lugar dentro do período
de exames. A proba oral será ser gravada en formato audio, coa
debida autorización da/do estudante. É preciso superar ambos os
exames (escrito e oral) para obter unha clasificación positiva e,
en caso de suspenso nunha deles, ambos terán que ser
repetidos na convocatoria de xullo.


A avaliación única, cuxa data será indicada no calendario oficial da  FFT, consiste nunha proba escrita, seguida doutra proba oral que
se realizará o mesmo día (en salas de aula continua). A avaliación
única será valorada da seguinte forma:


1. Proba escrita teórico-práctica: 75% da clasificación final.


2. Proba oral: 25% da clasificación final. Esta proba será gravada
en formato audio e a participación nela presupón que o/a
estudante autorice a gravación.


Quen falte sen xustificación a unha das dúas probas, quedará suspenso cunha clasificación de 0 (cero) valores na mesma.

É preciso superar ambos os
exames (escrito e oral) para obter unha clasificación positiva e,
en caso de suspenso nunha deles , ambos terán que ser
repetidos na convocatoria de xullo.


Os mesmos criterios de avaliación serán aplicados na segunda edición
das actas (xullo)
. Neste caso, a data da proba escrita será
a data indicada no calendario oficial da FFT
(http://fft.webs.uvigo.es/horarios-curso-académico). A proba oral realizarase
o mesmo día, inmediatamente a continuación ao exame escrito.
É preciso superar ambas as probas para obter unha clasificación
positiva na materia.


A copia ou o plaxio nos respectivos exames de avaliación continua ou
única será penalizado cunha cualificación de 0 (cero) puntos.


Recoméndase ao alumnado, independentemente do
sistema de avaliación escollido, a asistencia regular ás aulas e ás titorías,
como tamén, a consulta dos materiais e
informacións específicos na plataforma de teledocencia Faitic.


As datas e os horarios das probas nas súas diferentes convocatorias
seguirán o calendario oficial de exames aprobado pola
Facultade para o ano académico 2017-2018.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000