Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro III: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Valoración continua da participación activa nas actividades de presentación e control das prácticas lingüísticas, gramaticais e léxicas e de Landeskunde. 20 A5
C1
C3
C7
D5
Probas de resposta curta Proba escrita de contido léxico, gramatical e de Landeskunde. 80 C5
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación e conseguinte cualificación
do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua
de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. A proba escrita realizarase
na derradeira semana de clase.

A avaliación continua comprende probas escritas esporádicas no aula (máximo catro) e avaliación continua de destrezas orais.

Os estudantes que suspenden son examinados de toda a materia.

O alumnado que non se acolla ao sistema de
avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un exame escrito
na derradeira semana de clase sobre os contidos da materia e máis outro oral noutra
data concertada co profesorado para
superala. O primeiro cun valor do 80% e o segundo cun valor do 20% da nota.

Tanto no caso da avaliación continua, como
da avaliación única, a nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para
superar a materia.

 

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Exame
teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación. Para
o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación única este exame ten un
valor do 80% da nota; este alumnado terá que facer tamén unha proba oral polo
20% da cualificación para superar a materia. A nota do exame escrito non deberá
ser inferior a 4 para superar a materia. A proba oral realizarase nunha data
concertada co profesorado.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000