Traballo tutelado |
Elaboración individual ou en grupo do traballo autónomo por parte do alumnado. Lectura anotada. |
10 |
A1 A2 A4
|
B3 B7
|
|
|
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma |
Ao longo do curso, o alumnado realizará na aula exercicios teórico-prácticos avaliables, sobre os contidos explicados en clase. |
10 |
|
|
|
|
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS:
Na 1ª edición das actas, o alumnado será avaliado mediante o sistema
de avaliación continua indicado arriba. As probas non entregadas
contarán como un cero. Para aprobar a materia, será necesario dar
conta da lectura anotada, elaborar e presentar o traballo na data
requirida e obter polo menos 10/20 en cada unha das tres probas finais,
que terán lugar dentro do período de exames, na data aprobada en Xunta
de FFT.
O alumnado que, por motivos xustificados, non poida acollerse á
avaliación continua deberá indicalo ao profesor ao comezo do curso.
Neses casos, terá que examinarse do 100% da materia polo sistema de
avaliación única, segundo as seguintes porcentaxes: Lectura anotada:
25%, EG: 25%, ECEE: 25%, ECEO: 25%. Este exame final terá lugar
dentro do período de exames, na data aprobada en Xunta da FFT.
SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO):
Na segunda edición das actas (xullo), o alumnado examinarase só da parte da materia que non supere na primeira
edición. Este exame terá lugar durante o período de exames de xullo, na
data aprobada en Xunta da FFT.
Notas xerais:
O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
supoñerá un suspenso global na materia. Alegar descoñecemento do que
supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.
Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de comunicación francófonos.
|