Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro III: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Probas de comprensión, ditados, lectura e reformulación. 10
Traballos tutelados Presentación da explicación dun texto da obra de lectura
Presentación de un traballo de civilización.
10
Debates Puntuará a participación activa 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Os exercicios corrixidos individualmente serán avaliados. 10
Outras Proba final global sobre os coñecementos adquiridos durante o curso tanto na práctica coma na teoría 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira edición das actas: A avaliación é continua. Para ser avaliado será necesario ter asistido ó 80% das clases e ter entregado os traballos na data requirida. As probas non entregadas contarán coma un cero. Os alumnos terán que aprobar tódalas destrezas. En caso de plaxio, a nota é de suspenso.

Nesta primeira edición das actas haberá unha avaliación única para o alumnado que ó comezo do curso xustifique debidamente, en tempo e forma (nas dúas primeiras semanas do inicio do curso), que non pode realizar a avaliación continua. Nese caso fará unha proba única teórico-práctica. Esa nota contabilizará 50% para a parte práctica e 50% para a parte teórica.                  

Segunda edición das actas: Os alumnos que non superen a materia na primeira edición das actas farán en xullo unha proba final que contará coma un 100% da nota: esa nota contabilizará 50% para a parte teórica e 50% para a parte práctica.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000