Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Pronunciación do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Discurso oral do primeiro idioma estranxeiro: Inglés/V01G180V01901


 
Outros comentarios
Para un excelente aproveitamento das leccións maxistrais é recomendable que o alumnado teña feitas as lecturas obrigatorias antes de cada sesión para asimilar mellor os contidos que se van explicar e expor posibles dúbidas ou facer comentarios ao respecto. Para a resolución de exercicios e outras actividades prácticas é imprescindible ter feitas as lecturas obrigatorias correspondentes así como revisado as notas das clases maxistrais. Tanto para seguir as clases maxistrais como para a resolución de actividades prácticas recoméndase non só a consulta do libro de texto senón tamén a consulta de fontes bibliográficas complementarias. Todas elas están a disposición do alumnado na biblioteca. Recoméndase a consulta regular da plataforma Faitic posto que a través dela o profesorado fará anuncios e porá a disposición do alumnado materiais necesarios para un excelente aproveitamento das sesións presenciais. Competencias previas desexables: - Bo coñecemento da lingua inglesa. - Uso dos diferentes recursos que ofrece a Biblioteca. - Manexo básico de ferramentas informáticas e internet. Para a consecución destas competencias previas recoméndase a asistencia a sesións formativas especializadas. O estudo suprasegmental iniciado nesta materia continúa na materia de 4º curso "Discurso oral do primeiro idioma estranxeiro: Inglés" (V01G180V01901) co estudo dos sistemas de entoación, entre outros contidos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000