Para un excelente aproveitamento das leccións maxistrais é recomendable que o alumnado teña feitas as lecturas obrigatorias antes de cada sesión para asimilar mellor os contidos que se van explicar e expor posibles dúbidas ou facer comentarios ao respecto.
Para a resolución de exercicios e outras actividades prácticas é imprescindible ter feitas as lecturas obrigatorias correspondentes así como revisado as notas das clases maxistrais.
Tanto para seguir as clases maxistrais como para a resolución de actividades prácticas recoméndase non só a consulta do libro de texto senón tamén a consulta de fontes bibliográficas complementarias. Todas elas están a disposición do alumnado na biblioteca.
Recoméndase a consulta regular da plataforma Faitic posto que a través dela o profesorado fará anuncios e porá a disposición do alumnado materiais necesarios para un excelente aproveitamento das sesións presenciais.
Competencias previas desexables:
- Bo coñecemento da lingua inglesa.
- Uso dos diferentes recursos que ofrece a Biblioteca.
- Manexo básico de ferramentas informáticas e internet.
Para a consecución destas competencias previas recoméndase a asistencia a sesións formativas especializadas.
O estudo suprasegmental iniciado nesta materia continúa na materia de 4º curso "Discurso oral do primeiro idioma estranxeiro: Inglés" (V01G180V01901) co estudo dos sistemas de entoación, entre outros contidos.
|