Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Pronunciación do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Unha proba parcial sobre as actividades desenvolvidas durante as clases de laboratorio. 5 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
B8
B10
B12
B13
C86
C87
C88
C89
Resolución de problemas Resolución e entrega de exercicios, transcricións, gravacións, etc. que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula, con ou sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC. 15 A2
A3
A4
A5
B4
B5
B6
B8
B12
C85
C86
C87
C88
C89
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Unha proba parcial sobre os contidos teórico-prácticos desenvolvidos nas clases teóricas. 10 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
B6
B8
B10
B11
C83
C84
C85
C86
Observación sistemática Recompilación por parte da profesora de datos sobre a participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais: atención, comentarios e preguntas ao fío das explicacións e realización de actividades encomendadas. 10 A1
A2
A3
A4
A5
B7
B8
B10
B11
B13
C83
C84
C85
C86
C87
C88
C89
Outras Exame final cun compoñente teórico-práctico que incluirá preguntas curtas e longas sobre os contidos teóricos e a súa aplicación práctica (incluída transcrición), e un compoñente práctico de laboratorio que incluirá preguntas (a) tipo test e/ou curtas de discriminación auditiva, (b) de transcrición da oralidad e (c) de lectura. 60 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
B6
B8
B10
B11
C83
C84
C85
C86
C87
C88
C89
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS EN DECEMBRO

A1) Avaliación continua

A avaliación será continua e terá lugar ao final do primeiro cuadrimestre. Para a avaliación continua computarán os seguintes parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as porcentaxes equivalentes da cualificación final):

(1) Participación activa nas sesións presenciais (10%). Aínda que a presencialidade non é obrigatoria, a asistencia regular ás sesións presenciais valorarase positivamente.

(2) Dúas probas parciais que terán lugar na semana inmediatamente posterior á finalización do tema 4 durante as sesións de clase: unha proba sobre os contidos teóricos, a resolución de exercicios ou problemas relacionados coa teoría dos 4 primeiros temas e unha transcrición fonolóxica (10%), e unha proba práctica de laboratorio sobre actividades de discriminación auditiva e produción oral (5%). Un suspenso en calquera destas probas non é recuperable; a porcentaxe da cualificación final alcanzada é sumativa. O día de realización destas probas será anunciado en clase e través da plataforma Faitic coa debida antelación.

(3) Entrega de actividades puntuais (resolución de exercicios, transcricións, grabacións, etc.) que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula, con ou sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC (15%). A non entrega dunha actividade en tempo e forma puntuará como cero. Un suspenso en calquera destas actividades non é recuperable, salvo que a profesora o indique explicitamente; a porcentaxe da cualificación final alcanzada é sumativa.

(4) Exame final (60%): Constará de dous compoñentes, un teórico-práctico e un práctico de laboratorio (discriminación auditiva e produción oral) que constituirán, respectivamente, un 65% e un 35% da cualificación final do exame. Abarcarán todos os contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do cuadrimestre, incluíndo as lecturas obrigatorias tanto do libro de texto como as complementarias. Para aprobar a materia é requisito indispensable superar ambas as partes do exame final cunha cualificación de alomenos 4/10. De non cumplirse este requisito, non se aprobará a materia aínda que a nota media dos catro parámetros avaliados sexa 5 ou superior. O exame final da parte teórico-práctica terá lugar no día, hora e lugar establecidos no calendario de exames aprobado en Xunta de Facultade. A data, hora e lugar da parte do laboratorio serán anunciadas en clase e a través da plataforma Faitic coa debida antelación.

A2) Avaliación única

O alumnado que por motivos xustificados non poida acollerse á avaliación continua deberá comunicarllo á profesora nos 15 primeiros días do curso. Este alumnado será avaliado en base a un único exame final que computará como o 100% da cualificación. O exame abarcará todos os contidos explicados ao longo do primeiro cuadrimestre, incluíndo as lecturas obrigatorias, tanto do libro de texto como as complementarias. Constará dun compoñente teórico-práctico e outro práctico de laboratorio (discriminación auditiva e produción oral) que constituirán, respectivamente, un 65% e un 35% da cualificación final. Para aprobar a materia é requisito indispensable superar ambas as partes do exame final cunha cualificación de alomenos 4/10. De non cumplirse este requisito, non se aprobará a materia aínda que a nota media dos dous compoñentes sexa 5 ou superior.  A celebración do exame único, tanto a parte teórico-práctica como a parte do laboratorio, terá lugar na mesma data, hora e lugar que o exame final do alumnado que segue a avaliación continua, durante o período de exames na data aprobada en Xunta de Facultade.

Aínda que non existe ningún deber presencial, é altamente recomendable que se asista ás sesións presenciais sempre que se poida.

(B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO/XULLO)

O alumnado que non supere a avaliación continua na primeira edición de actas ou que, acolléndose á avaliación única a comezos de curso, non superase esta deberá presentarse á segunda edición de actas de xuño/xullo na que será avaliado en base a un único exame final que comprenderá tanto a parte teórico-práctica como a de práctica do laboratorio e que computará como o 100% da cualificación (véxase arriba o apartado sobre avaliación única en (A2)). A parte teórico-práctica do exame terá lugar na data, hora e lugar establecidos no calendario de exames aprobado en Xunta de Facultade. A data, hora e lugar da realización do compoñente práctico de laboratorio será anunciado a través da plataforma Faitic coa debida antelación.

Notas:

- A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

- A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de actividade ou proba/exame suporá un cero nesa actividade ou proba/exame. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000