Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Pronunciación do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas de laboratorio Unha proba parcial sobre as actividades desenvolvidas durante as clases de laboratorio. 5 CE1
CE5
CE8
CE10
CE12
CE13
CT1
CT2
CT3
CT4
CT5
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución e entrega de exercicios, transcricións, gravacións, etc. que o profesorado solicite realizar dentro ou fóra da aula, con ou sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC. 15 CE4
CE5
CE6
CE8
CE12
CT2
CT3
CT4
CT5
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Unha proba parcial sobre os contidos teórico-prácticos desenvolvidos nas clases teóricas. 10 CE1
CE3
CE4
CE5
CE6
CE8
CE10
CE11
CT1
CT2
CT3
CT4
CT5
Observación sistemática Recompilación por parte do profesorado de datos sobre a participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais: atención, comentarios e preguntas ao fío das explicacións e realización de actividades encomendadas. 10 CE7
CE8
CE10
CE11
CE13
CT1
CT2
CT3
CT4
CT5
Outras Exame final cun compoñente teórico-práctico que incluirá preguntas curtas e longas sobre os contidos teóricos e a súa aplicación práctica (incluída transcrición), e un compoñente práctico de laboratorio que incluirá preguntas (a) tipo test e/ou curtas de discriminación auditiva, (b) de transcrición da oralidad e (c) de lectura. 60 CE1
CE3
CE4
CE5
CE6
CE8
CE10
CE11
CT1
CT2
CT3
CT4
CT5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A1)

Avaliación continua

A avaliación será continua e terá lugar ao final do primeiro cuadrimestre. Para a avaliación continua computarán os seguintes parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as porcentaxes equivalentes da cualificación final):

(1) Participación activa nas sesións presenciais (10%).

(2) Dúas probas parciais que terán lugar na semana inmediatamente posterior á finalización do tema 4: unha proba sobre os contidos teóricos, a resolución de exercicios ou problemas relacionados coa teoría dos 4 primeiros temas e unha transcrición fonolóxica (10%), e unha proba práctica de laboratorio sobre actividades de discriminación auditiva e produción oral (5%). Un suspenso en calquera destas probas non é recuperable; a porcentaxe da cualificación final alcanzada é sumativa.

(3) Entrega de actividades puntuais (resolución de exercicios, transcricións, grabacións, etc.) que o profesorado solicite realizar dentro ou fóra da aula, con ou sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC (15%). A non entrega dunha actividade en tempo e forma puntuará como cero. Un suspenso en calquera destas actividades non é recuperable, salvo que o profesorado o indique explicitamente; a porcentaxe da cualificación final alcanzada é sumativa.

(4) Exame final (60%): Constará de dous compoñentes, un teórico-práctico e un práctico de laboratorio (discriminación auditiva e produción oral) que constituirán, respectivamente, un 65% e un 35% da cualificación final do exame. Abarcarán todos os contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do cuadrimestre, incluíndo as lecturas obrigatorias tanto do libro de texto como as complementarias. Para aprobar a materia é requisito indispensable superar ambas as partes do exame final cunha cualificación satisfactoria. O exame final terá lugar na semana do 11 de xaneiro de 2016, despois da última semana lectiva. As datas e horas exactas tanto da parte teórico-práctica como da parte do laboratorio serán anunciadas en clase e a través da plataforma Tema coa debida antelación.

Para superar a avaliación continua é requisito asistir con regularidade ás sesións presenciais, tanto das sesións de grupo grande como das sesións de grupo pequeno ou laboratorio. As faltas de asistencia deberán estar debidamente xustificadas. No entanto, as faltas debidamente xustificadas repercutirán na puntuación do parámetro (1).

A2)

Avaliación única

O alumnado que por motivos debidamente xustificados (eg. traballo) non poida cumprir co requisito da asistencia regular deberá comunicarllo ao profesorado nos 15 primeiros días do curso. Este alumnado será avaliado en base a un único exame final que computará como o 100% da cualificación. O exame abarcará todos os contidos explicados ao longo do primeiro cuadrimestre, incluíndo as lecturas obrigatorias, tanto do libro de texto como as complementarias. Constará dun compoñente teórico-práctico e outro práctico de laboratorio (discriminación auditiva e produción oral) que constituirán, respectivamente, un 65% e un 35% da cualificación final. Para aprobar a materia é requisito indispensable ter superados ambos os compoñentes cunha cualificación satisfactoria.  A celebración do exame único, tanto a parte teórico-práctica como a parte do laboratorio, terá lugar na mesma data, hora e lugar que o exame final do alumnado que segue a avaliación continua.

Aínda que este alumnado non ten ningún deber presencial, é altamente recomendable que asista ás sesións presenciais sempre que poida.

(B)

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

O alumnado que non supere a avaliación continua na primeira edición de actas ou que, acolléndose á avaliación única a comezos de curso, non superase esta deberá presentarse á segunda edición de actas de xullo na que será avaliado en base a un único exame final que comprenderá tanto a parte teórico-práctica como a de práctica do laboratorio e que computará como o 100% da cualificación (véxase arriba o apartado sobre avaliación única en (A2)). A parte teórico-práctica do exame terá lugar na data, hora e lugar publicados polo Centro. A data, hora e lugar da realización do compoñente práctico será anunciado durante a realización do compoñente teórico-práctico do exame.

Notas:

- A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

- A copia ou plaxio total ou parcia en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nese traballo ou exame. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000