Guia docente 2010_11
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Pronunciación do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios, transcricións, grabacións, etc. que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula, con ou sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC. 15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas sobre os contidos teórico-prácticos e sobre o tipo de actividades desenvolvidas durante as prácticas de laboratorio. 15
Observación sistemática Recompilación de datos sobre a participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais: atención, comentarios e preguntas ao fío das explicacións e resolución de actividades encomendadas. 10
Outras Exame final cun compoñente teórico-práctico que incluirá preguntas curtas e longas sobre os contidos teóricos e a súa aplicación práctica (incluída transcrición), e un compoñente práctico de laboratorio que incluirá preguntas (a) tipo test e/ou curtas de discriminación auditiva, (b) de transcrición da oralidade e (c) de lectura. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua e terá lugar ao final do
cuadrimestre. Nembargantes, o alumnado disporá dun prazo de dúas
semanas, a contar dende a primeira sesión presencial, para escoller un sistema
de avaliación continua ou un sistema de avaliación única en xullo de
2011. 

Para a avaliación
continua computarán os seguintes parámetros obrigatorios (entre paréntese figuran as porcentaxes equivalentes da
cualificación final):

(1) Participación activa nas sesións
presenciais (10%).

(2) Dúas probas parciais que terán lugar na
semana inmediatamente posterior á finalización do tema 5: unha proba sobre os
contidos teóricos e a resolución de exercicios ou problemas relacionados coa
teoría dos 5 primeiros temas (10%), e unha proba práctica de laboratorio sobre
o tipo de actividades desenvolvidas durante as prácticas de laboratorio (5%).

(3) Entrega de actividades puntuais (resolución de
exercicios, transcricións, grabacións, etc.) que a profesora solicite realizar
dentro ou fóra da aula, con ou sen previo aviso, así como grao de
desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC (15%).

(4)  Exame final
(60%): Constará de dous compoñentes, un teórico-práctico e un práctico de
laboratorio (discriminación auditiva e
produción oral) que constituirán, respectivamente, un 70% e un 30% da
cualificación final do exame. Abarcarán tódolos
contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do cuadrimestre, incluíndo as
lecturas obrigatorias tanto do libro de texto como as complementarias. Para
aprobar a materia é requisito indispensable superar ámbalas dúas partes do
exame final cunha cualificación satisfactoria. O exame final terá lugar nas
dúas últimas sesións presenciais.

É requisito para ser avaliado polo sistema de
avaliación continua ter asistido a alomenos un 80% das sesións
presenciais
, tanto das sesións de grupo grande como das sesións de grupo pequeno ou laboratorio. As faltas de asistencia debidamente
xustificadas non se computarán como faltas pero si se terán en conta para a
puntuación do parámetro (1).

O alumnado que incumpra o
requisito do 80% de asistencia ás sesións presenciais ou que por algún motivo
renuncie á avaliación continua escollida ao comezo do curso será avaliado na
convocatoria de xullo en base a un único exame final (ver avaliación única a
continuación).

O alumnado que non supere a
avaliación continua na primeira convocatoria (febreiro) deberá presentarse a un
exame único en xullo. O exame será o mesmo que o do alumnado que escolla
avaliación única, terá os mesmos dous compoñentes e será cualificado cos mesmos
criterios (ver tipo de exame a continuación).

O alumnado que escolla a
avaliación única
será avaliado en base a un
único exame final en xullo (100%) que abarcará todos os contidos explicados ao
longo do cuadrimestre, incluíndo as lecturas obrigatorias, tanto do libro de
texto como as complementarias. Constará dun compoñente teórico-práctico e outro
práctico de laboratorio (discriminación auditiva e produción oral) que
constituirán, respectivamente, un 70% e un 30% da cualificación final. Para
aprobar a materia é requisito indispensable ter superados ámbolos dous
compoñentes cunha cualificación satisfactoria. A data, hora e lugar da
realización do compoñente práctico será anunciado durante a realización do
compoñente teórico-práctico do exame.

Aínda
que o alumnado que escolla este tipo de avaliación non ten ningunha obriga
presencial, é altamente recomendable que asista ás sesións presenciais.

 

N.B.:
En caso de calquera tipo de plaxio a cualificación final será de suspenso.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000