Resolución de problemas e/ou exercicios |
Para un óptimo seguimento e aproveitamento da materia, o alumnado contará con atención persoalizada en modalidade presencial (no despacho da profesora durante o horario de titorías) e en modalidade virtual (a través das ferramentas que ofrece a plataforma Tema de teledocencia e o correo electrónico). Esta atención persoalizada estará encamiñada a atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. |
|