Educational guide 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Pronunciación do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia (obxectivos, contidos e sistema de avaliación).
Lección maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos teóricos da materia seguindo o temario.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio estarán destinadas á mellora da pronuncia do inglés tanto na súa vertente de discriminación auditiva como de produción oral, así como á práctica da transcrición fonolóxica.
Resolución de problemas Resolución de exercicios prácticos de fonoloxía e/ou actividades autónomas ou en pequenos grupos dirixidos baseados nos contidos teóricos da materia explicados previamente. Son complemento da lección maxistral.
Seminario Orientación xeral para a resolución de actividades/problemas/exercicios, revisión de conceptos, resolución de dúbidas, explicación de cuestións de carácter metodolóxico, etc., é dicir, asesoramento sobre as actividades e contidos da materia e do proceso de aprendizaxe.
Prácticas con apoio das TIC Desenvolvemento de forma autónoma a través das TIC de exercicios/problemas ou outras actividades de aplicación da teoría a un nivel práctico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000