Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro idioma estranxeiro V: Inglés
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Primeiro idioma estranxeiro VI: Inglés/V01G180V01403


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro I: Inglés/V01G180V01104
Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro II: Inglés/V01G180V01105
Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro III: Inglés/V01G180V01203
Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro IV: Inglés/V01G180V01204
 
Outros comentarios
Nunha materia de inglés instrumental, a asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento chave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a asistencia e participación activa na aula. De igual maneira, para superar esta materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como a nivel persoal. Os volumes listados na bibliografía serán consultados como complemento aos materiais entregados nas clases, ben por recomendación expresa da profesora, ben por interese ou propia necesidade do alumnado. En todo caso, todos os materiais cos que se traballe ao longo do curso poderán ser obxecto de avaliación. Recoméndase encarecidamente a consulta regular do enderezo de correo electrónico facilitado para abrir a conta en Faitic, así como a da propia plataforma. Entre outras cousas, a profesora fará anuncios e porá material a disposición do alumnado a través desta plataforma.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000