Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro idioma estranxeiro V: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Debate Discusións organizadas sobre temas específicos relacionados cos contidos do curso 10 A3
A4
A5
B6
B7
B8
C2
C7
C11
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Realización de exercicios de escritura relacionados cos contidos do curso 10 A3
A4
A5
B6
B8
B9
C7
C9
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas orais e escritas para avaliar o uso do vocabulario e a gramática, así como as destrezas orais e escritas, ao final do cuadrimestre.
O valor de cada unha desas probas será o seguinte: Use of English: 20%, Listening: 20%, Speaking: 10%, Reading: 20% e Writing: 10%.
80 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
C1
C2
C7
C8
C9
C11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1ª EDICIÓN DE ACTAS

Avaliación continua:

O
proceso de avaliación arriba descrito está deseñado para o alumnado que
asista regularmente a clases. O alumnado que non poida asistir
con regularidade por algunha razón xustificada deberá comunicarllo ao
profesorado a principios do cuadrimestre e será avaliado polo sistema
de avaliación única explicado abaixo.

As probas para avaliar o uso
da
gramática e vocabulario, a comprensión oral e lectora e a expresión escrita faranse o día do exame que marque o calendario oficial da Facultade. A proba de expresión oral acordarase co profesorado coa debida antelación. A entrega de traballos escritos e as datas para a participación
en
debates durante o cuadrimestre serán comunicadas con antelación polo profesorado. As porcentaxes
correspondentes a estas últimas actividades uniranse ás das probas
finais para que tanto o Speaking como o Writing supoñan un 20% da nota
cada un, como os demais apartados.

Avaliación única

Excepcionalmente,
como se dixo antes, aquelas/es estudantes que non poidan asistir ás
aulas con regularidade e, por tanto, non poidan participar nos debates e
entregar traballos durante o período de clases, pasarán a ser avaliadas/os
a través das probas orais e escritas finais. Esas probas suporán o
100% da súa avaliación, contando cada parte (Use of English, Listening,
Speaking, Reading e Writing) un 20%, e faranse o día do exame que marque o calendario oficial da Facultade. A proba de expresión oral acordarase co profesorado coa debida antelación. 

2ª EDICIÓN DE ACTAS

O
alumnado que non se presente ou suspenda ao final do cuadrimestre
poderá presentarse aos exames de xullo nas datas que marque o calendario
oficial do centro. Aqueles que se presentaran anteriormente pero foran
cualificadas/os con Suspenso poderán facer unicamente as partes nas que non
acadara un 5, podendo conservar as notas das partes que teñan aprobadas.
Para as/os
estudantes que non se presentaran antes, as probas orais e escritas
contarán o 100% da súa nota, e cada parte un 20% tal como se explica no
apartado de avaliación continua.

OUTROS COMENTARIOS

Durante a realización dos exames
non se permite a utilización de dicionarios, ordenadores ou
calquera outro aparello electrónico, con ou sen conexión a internet.

A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de actividade suporá
un cero nesa parte. Alegar descoñecemento do que supón un
plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000