Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro idioma estranxeiro V: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Debates Discusións organizadas sobre temas específicos relacionados cos contidos do curso 10 C1
D1
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realización de exercicios de escritura relacionados cos contidos do curso 10 D1
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas orais e escritas para avaliar o uso do vocabulario e a gramática, así como as destrezas orais e escritas, ao final do cuadrimestre.
O valor de cada unha desas probas será o seguinte: Use of English: 20%, Listening: 20%, Speaking: 10%, Reading: 20% e Writing: 10%.
80 C1
C5
C8
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1ª EDICIÓN DE ACTAS

Avaliación continua:

O
proceso de avaliación arriba descrito está deseñado para o alumnado que
asista regularmente a clases. O alumnado que non poida asistir
con regularidade por algunha razón xustificada deberá comunicalo ao
profesorado a principios do cuadrimestre, e será avaliado polo sistema
de avaliación única explicado abaixo.

As probas para avaliar o uso
da
gramática e vocabulario e as catro destrezas faranse a última semana do
cuadrimestre, en datas, horas e aulas que se anunciarán con antelación
tanto nas clases como a través de Faitic. A entrega de traballos escritos será a semana despois do periodo de traballo autónomo. As datas para a participación
en
debates durante o cuadrimestre tamén
serán comunicadas con antelación polo profesorado. As porcentaxes
correspondentes a estas últimas actividades uniranse ás das probas
finais para que tanto o Speaking como o Writing supoñan un 20% da nota
cada un, como os demáis apartados.

Avaliación única

Excepcionalmente,
como se dixo antes, aqueles estudantes que non poidan asistiren ás
aulas con regularidade e, por tanto, non poidan participar nos debates e
entregar traballos, pasarán a ser avaliados
a través das probas orais e escritas finais. Esas probas suporán o
100% da súa avaliación, contando cada parte (Use of English, Listening,
Speaking, Reading e Writing) un 20%.

2ª EDICIÓN DE ACTASO
alumnado que non se presente ou suspenda ao final do cuadrimestre
poderá presentarse aos exames de xullo nas datas que marque o calendario
oficial do centro. Aqueles que se presentaran anteriormente pero foron
cualificados con Suspenso poderán facer somentes as partes nas que non
acadara un 5, podendo conservar as notas das partes que teña aprobadas.
Para os
estudantes que non se presentaran antes, as probas orais e escritas
contarán o 100% da súa nota, e cada parte un 20% tal como se explica no
apartado de avaliación continua.

OUTROS COMENTARIOS

Durante a realización dos exames
non se permite a utilización de dicionarios, ordenadores, ou
calquera outro aparato electrónico, con ou sen conexión a internet.

A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de actividade suporá
un cero nesa parte. Alegar descoñecemento do que supón un
plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000