Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro idioma estranxeiro V: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Explicacións teóricas e actividades prácticas irán intercalándose nestas sesións. O alumnado será avaliado pola súa participación e implicación no desenvolvemento das sesións, así como polos resultados obtidos nas actividades realizadas.
Nas semanas 6 e 13 do curso, nas horas marcadas para a clase maxistral, realizaranse dúas probas para avaliar as destrezas gramaticais (10%), de escrita (20%) e de lectura (15%).
45
Resolución de problemas e/ou exercicios As destrezas de escoita e produción oral serán exercitadas ao longo das sesións prácticas. Estas sesións tamén se dedicarán á aprendizaxe de vocabulario.
Nas semanas 6 e 13 du curso, sempre durante as horas marcadas para as clases prácticas, realizaranse dúas probas para avaliar as destrezas de vocabulario (10%) e escoita (15%). As destrezas orais (20%) avaliaranse mediante dúas exposicións orais nas semanas 4-5 e 11-12.
45
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma O alumnado poderá ter que preparar en entregar exercicios de xeito periódico. De seren requeridos polas profesoras, estes exercicios serán cualificados. As notas obtidas nestes exercicios serán incorporadas como notas complementarias ás notas obtidas nas probas parciais realizadas nas semanas 6 e 13 do curso. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

(A) 1ª EDICIÓN DE ACTAS

(i) Avaliación continua:

O proceso de avaliación arriba descrito será válido para todo o alumnado, que terá que asistir, como mínimo, a un 80% das sesións das que se compón o curso. O alumnado que non poida cumprir co requisito do 80% da asistencia deberá comunicárllelo ás profesoras durante as dúas primeiras semanas de curso.

A avaliación consistirá das seguintes partes: writing, listening, speaking, reading, gramática e vocabulario. Será necesario aprobar cada unha destas partes para aprobar a materia. Un suspenso nunha destas partes implica un suspenso na materia.

Haberá unha proba de vocabulario, listening, reading e writing a mediados de curso e outra  a finais. Haberá unha proba única de gramática a finais. En vocabulario a nota media das dúas probas conformará a nota final. En listening, speaking, reading and writing prevalecerá a nota final, se ben terase en conta a nota da proba feita a mediados de curso.

A realización das probas
parciais implica a aceptación do sistema de avaliación continua por
parte do alumnado. O alumnado avaliado por este sistema non poderá
presentarse ao exame final de maio, e a súa nota da primeira edición de
actas corresponderá ao cómputo da(s) nota(s) obtida(s) na(s) proba(s) realizada(s)
durante o curso, é dicir, se alguén se presenta a unha soa das dúas probas, a súa nota corresponderase coa nota obtida nesa proba. En ningún caso se realizarán probas parciais en datas diferentes das correspondentes ás sesións teóricas e prácticas das semanas 6 e 13 (4-5, 11-12 para as probas orais).

O alumnado deberá aprobar cada unha das partes que compoñen a materia. O suspenso nunha destas partes implicará un suspenso na materia. De suspender unha soa parte, o alumnado examinarase no mes de xullo (véxase (B)) desa parte e gardaráselle só ata xullo do correspondente curso académico a nota das partes restantes. De suspender dúas ou máis partes, o alumnado examinarase de toda a materia no mes de xullo e non se lle gardarán as notas obtidas ao longo do curso.

(ii) Avaliación única:

Será empregada para avaliar ao alumnado que non poida cumprir co requisito do 80% da asistencia e non realice ningunha das probas parciais. Consistirá nun único exame final  que computará como o 100% da cualificación. O exame constará de diversas partes correspondentes a gramática, vocabulario, lectura, escrita, escoita e produción oral (sendo as porcentaxes as mesmas que as empregadas na avaliación continua).

(B) 2ª EDICIÓN DE ACTAS

O alumnado que suspenda a avaliación continua ou, de ser o caso, o exame único ao final do cuadrimestre, será avaliado mediante o exame único que o centro fixe oficialmente para o mes de xullo. Este exame computará coma o 100% da nota e constará de diversas partes correspondentes a gramática, vocabulario, lectura, escrita, escoita e produción oral (sendo as porcentaxes as mesmas que as empregadas na avaliación continua) e debendo aprobarse todas as partes.


Durante a realización dos exames
non se permite a utilización de dicionarios, ordenador, conexión a Internet ou
calquera outro medio electrónico.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de actividade suporá un
suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un
plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000