Sesión maxistral |
Exposición por parte da profesora dos contidos de gramática, lectura e escrita. As explicacións teóricas poderán irse intercalando coa posta en práctica dos coñecementos adquiridos, mediante exercicios ou proxectos a desenvolver polo alumnado.
Nas semanas 6 e 13 do curso, nas horas marcadas para a clase maxistral, realizaranse dúas probas para avaliar as destrezas gramaticais (10%), de escrita (20%) e de lectura (15%). |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Exposición por parte da profesora dos contidos de vocabulario, así como desenvolvemento das destrezas de escoita e produción oral.
Nas semanas 6 e 13 du curso, sempre durante as horas marcadas para as clases prácticas, realizaranse dúas probas para avaliar as destrezas de vocabulario (10%) e escoita (15%). As destrezas orais (20%) avaliaranse mediante dúas exposicións orais nas semanas 4-5 e 11-12. |
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Actividades nas que se formulen problemas e/ou exercicios relacionados coa materia e que o alumnado deberá desenvolver de maneira autónoma. |