Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro idioma estranxeiro V: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia, os seus obxectivos, a metodoloxía que se empregará e o sistema de avaliación.
Sesión maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos da materia. As explicacións teóricas poderán irse intercalando coa posta en práctica dos coñecementos adquiridos, mediante exercicios ou proxectos a desenvolver polos estudantes.
Ao longo destas sesións, e especialmente cara ao remate do cuadrimestre (as datas exactas serán sinaladas pola profesora coa conveniente antelación) realizaranse as probas precisas para avaliar as destrezas gramaticais, de vocabulario, de escoita, de lectura, de escrita e orais, tal e como se especificará na sección "Avaliación" desta guía.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividades de complemento ás sesións maxistrais nas que se formularán problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos previamente explicados. O alumnado deberá producir as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados.
É posible que o alumnado teña que facer presentacións orais na clase (en datas que serán fixadas pola profesora con suficiente antelación). Nese caso, durante o período de preparación do material a expoñer, o alumnado recibirá apoio e atención personalizada por parte do profesorado (titorías, atención na aula, atención a través de Faitic e/ou correo electrónico).
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Actividades nas que se formulen problemas e/ou exercicios relacionados coa materia e que o alumnado deberá desenvolver de maneira autónoma. Poden estar encamiñadas á preparación de traballos que o alumnado deba expoñer posteriormente nas sesións presenciais. Neste caso, ao igual que en apartados anteriores, as datas para as presentacións orais serán sinaladas pola profesora con suficiente antelación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000