Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Introdución á literatura do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame parcial sobre as unidades 1-3. 40 A1
A2
A4
B2
B3
B8
B9
B10
B11
B12
C142
C143
C144
C145
C150
C151
C152
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame parcial sobre as unidades 4 e 5. 40 A1
A2
A4
B2
B3
B8
B9
B10
B11
B12
C142
C143
C144
C145
C150
C151
C152
Traballos e proxectos Un ensaio elaborado en grupo sobre un texto literario proposto pola profesora. O alumnado deberá aplicar os conceptos estudados nas aulas, realizando un comentario crítico que sitúe o texto no seu contexto histórico-cultural, empregando o vocabulario específico e a terminoloxía crítica, identificando as cuestións temáticas e os recursos formais relevantes e axeitándose ás normas académicas de elaboración de traballos científicos. 20 A3
A5
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
C143
C146
C150
C151
C154
C155
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A avaliación desenvolverase consonte o
detallado máis arriba.

É obrigatorio realizar todas as probas
previstas na
avaliación. As probas non realizadas contarán coma un cero. As datas das
probas
serán propostas pola profesora no cronograma entregado o primeiro día de
aulas
e serán consensuadas co alumnado e publicadas en Faitic con antelación
suficiente. Se un/ha alumna/o, por causas de forza maior debidamente
xustificadas,
non puidese realizar algunha proba, deberá falar coa profesora, con
anterioridade á data de realización da proba, para estabelecer unha
nova data.

O primeiro exame parcial terá lugar ao remate do tema 3 (na semana 8 aproximadamente) e o segundo exame parcial realizarase na
derradeira semana de aulas. A cualificación obtida en cada exame parcial
computará polo 40% da cualificación final. No caso de que a
cualificación do primeiro parcial non acade un 4, a/o estudante
deberá realizar un exame global da materia coincidindo coa data oficial de exame da materia.

O traballo escrito entregarase o 20 de decembro. As
características deste traballo serán especificadas ao seu debido tempo
nas aulas e a través da plataforma de teledocencia Faitic. O alumnado
participante en cada grupo de traballo recibirá a mesma cualificación,
por entender que se trata dun traballo elaborado e asumido por todo o
grupo. É responsabilidade do
alumnado asistir a titorías para que a profesora poida facer un
seguimento da
metodoloxía e desenvolvemento do traballo.

Todas as probas cualificaranse tendo en conta non só a pertinencia e calidade
do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

O
alumnado avaliado por este sistema non se poderá presentar ao exame
correspondente á avaliación única, e a súa cualificación na primeira edición de
actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante
o curso. Só se realizará o cómputo global da materia se se acada como mínimo un
4 en cada parte da avaliación (no traballo escrito e en cada un dos dous exames
parciais). A cualificación global mínima para aprobar a materia é un 5.

Excepcionalmente, haberá unha modalidade de avaliación
única na primeira edición de actas, só para aquelas/es estudantes que por motivos xustificados non poidan participar na avaliación única. Neste caso, a/o alumna/o deberá
comunicarllo á profesora argumentadamente ao comezo do cuadrimestre (nas dúas
primeiras semanas de clase). A avaliación constará dun exame único, baseado nos
contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de
análise e interpretación de textos e cuxa nota constituirá o 100% da
cualificación final. Este exame terá lugar na data oficial estabelecida no calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade.

A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do
dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda
encarecidamente. O alumnado que siga esta modalidade de avaliación será
responsábel de manter un contacto continuado coa materia a través de Faitic.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de
traballo ou exame suporá un cero nesa proba
. Alegar descoñecemento do que supón
un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

Non é obrigatorio asistir ás aulas, aínda que se recomenda
encarecidamente asistir con regularidade e participar de maneira activa no
desenvolvemento do curso. É responsabilidade do alumnado consultar os
materiais e as novidades a través da plataforma Faitic e estar ao tanto
das datas de realización das probas de avaliación
.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS



Na segunda edición de actas a avaliación levarase a
cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará
preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota
constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data
oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Ao alumnado de avaliación continua que na primeira edición de actas superara algunha das probas conservaraselle esa
cualificación até xullo. Na segunda edición de actas este alumnado repetirá unicamente as probas non superadas.



Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas
e titorías con regularidade e se implique activamente no seu proceso de
aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000