A avaliación na primeira edición de actas será continua, segundo o indicado máis arriba. A asistencia ás aulas non é obrigatoria. Para a evaluación continua é obrigatorio realizar as duas probas previstas na avaliación. As probas non realizadas contarán coma un cero. As datas das probas avalíabeis serán anunciadas no cronograma, na aula e en Faitic con antelación suficiente. Se un/ha alumno/a, por causas de forza maior debidamente xustificadas, non puidese realizar algunha proba, deberá falar co profesorado con anterioridade á data de realización da proba para establecer unha nova data. É responsabilidade do alumnado estar en contacto coa materia tanto se asiste ás aulas como se non. Os estudiantes que non realicen a avaliación continua serán avaliados mediante unha única proba ao final do cuatrimestre (100% da nota) que se
realizará na última semana do período docente, o día 11 de xaneiro de 2016. A data dos exames escritos da avaliación continua será anunciada a través de Faitic e na aula. A copia ou plaxio en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Segunda edición de actas: O alumnado que non supere a materia na primeira edición de actas poderase presentar en XULLO para a segunda edición de actas. A avaliación consistirá nunha única proba final de toda a materia (100% da calificación) nas datas de exames oficiais aprobadas pola Xunta de Facultade. |