Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Introdución á literatura do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse dúas probas escritas que comprenderán os aspectos teóricos e prácticos relacionados co contido de cada unha das unidades do programa e as lecturas obrigatorias que lle correspondan e poderán combinarse con outro tipo de preguntas breves. A primeira proba realizarase unha vez terminada a unidade 3 (arredor da primeira semana de novembro). A segunda proba incluirá os contidos das unidades 4 e 5 e as lecturas obrigatorias que non entrasen no exame anterior. Cada proba ten o valor do 50 % e a suma destas probas escritas valerá o 100 % da cualificación final. 100 C2
C3
C4
C5
C6
C8
C10
C11
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación na primeira edición de actas será continua, segundo o indicado máis arriba. A asistencia ás aulas non é obrigatoria. Para a evaluación continua é obrigatorio realizar as duas probas previstas na avaliación. As probas non realizadas contarán coma un cero. As datas das probas avalíabeis serán anunciadas no cronograma, na aula e en Faitic con antelación suficiente. Se un/ha alumno/a, por causas de forza maior debidamente xustificadas, non puidese realizar algunha proba, deberá falar co profesorado con anterioridade á data de realización da proba para establecer unha nova data.

É responsabilidade do alumnado estar en contacto coa materia tanto se asiste ás aulas como se non.

Os estudiantes que non realicen a avaliación continua serán avaliados mediante unha única proba  ao final do cuatrimestre (100% da nota) que se
realizará na última semana do período docente, o día 11 de xaneiro de 2016. A data dos exames escritos da avaliación continua será anunciada a través de Faitic e na aula. A copia ou plaxio en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. 

Segunda edición de actas: 

O alumnado que non supere a materia na primeira edición de actas poderase presentar en XULLO para a segunda edición de actas. A avaliación consistirá nunha única proba final de toda a materia  (100% da calificación) nas datas de exames oficiais aprobadas pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000