Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Introdución á literatura do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Nesta actividade dedicaremos un tempo a explicar a maneira na que se desenvolverán as clases e o tipo de actividades que levarán a cabo para cumprir cos obxectivos.
Sesión maxistral Constitúen o maior volume de docencia presencial. Nestas expóñense os contidos teóricos da materia segundo o temario detallado no paso 3. Pedirase ao estudante que se familiarice cos termos e conceptos fundamentais de cada tema por adiantado. As exposicións da docente realizaranse asistidas de diversos recursos multimedia: presentacións de power point, gravacións de audio e visionado de películas relacionadas coas obras de lectura obrigatoria.
Traballos de aula O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión da profesora.
Prácticas autónomas a través de TIC Porase a disposición do estudante un servizo de consulta por correo electrónico como extensión das titorías presenciais, así como os recursos da plataforma virtual Faitic da UVI, entre os que estarán a guía docente máis detallada coa listaxe das lecturas obrigatorias, a lista de textos para os traballos críticos, o calendario da materia, a organización docente semanal, o modelo de ficha de lectura, diversas ligazóns a páxinas webs de relevancia para a materia, un modelo de exame virtual para que o estudante se familiarice co tipo de exame e calquera outra información ou recursos electrónicos que sexan interesantes para o alumnado. Os estudantes poderán traballar en grupo elaborando un glosario das distintas unidades da materia, así como dispor dun foro para facer comentarios sobre os diferentes textos de lectura obrigatoria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000