Sesión maxistral |
Constitúen o maior volume de docencia presencial. Nestas expóñense os contidos teóricos da materia segundo o temario detallado no paso 3. Pedirase ao estudante que se familiarice cos termos e conceptos fundamentais de cada tema por adiantado. As exposicións da docente realizaranse asistidas de diversos recursos multimedia: presentacións de power point, gravacións de audio e visionado de películas relacionadas coas obras de lectura obrigatoria. |
Traballos de aula |
O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión da profesora. |
Prácticas autónomas a través de TIC |
Porase a disposición do estudante un servizo de consulta por correo electrónico como extensión das titorías presenciais, así como os recursos da plataforma virtual Faitic da UVI, entre os que estarán a guía docente máis detallada coa listaxe das lecturas obrigatorias, a lista de textos para os traballos críticos, o calendario da materia, a organización docente semanal, o modelo de ficha de lectura, diversas ligazóns a páxinas webs de relevancia para a materia, un modelo de exame virtual para que o estudante se familiarice co tipo de exame e calquera outra información ou recursos electrónicos que sexan interesantes para o alumnado. Os estudantes poderán traballar en grupo elaborando un glosario das distintas unidades da materia, así como dispor dun foro para facer comentarios sobre os diferentes textos de lectura obrigatoria. |