Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Introdución á literatura do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Competencias
Código Descrición
A1 Que as/os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se atopa a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que as/os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que as/os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que as/os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B2 Identificar as principais contribucións teóricas nos distintos ámbitos xeográficos, sociais e culturais da literatura do primeiro idioma estranxeiro, desde unha perspectiva que teña en consideración os valores democráticos, de igualdade social, de xénero, raza e orientación sexual, así como dunha cultura para a paz.
B3 Adquirir os fundamentos teóricos e aplicados que ofrece a lingüística nos principais paradigmas do estudo e descrición das linguas, así como sintetizar, relacionar e describir as literaturas da primeira lingua estranxeira provenientes de distintos ámbitos culturais e sociais, períodos, xéneros e movementos.
B4 Adquirir as ferramentas e técnicas metodolóxicas básicas para o estudo e a análise lingüística e literaria.
B5 Adquirir os coñecementos necesarios para a comprensión, desenvolvemento, análise, avaliación e aproveitamento para o futuro profesional dos recursos lingüísticos e literarios.
B6 Construír argumentos sólidos sobre os temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas, empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos, facendo uso dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles, especialmente os orientados á investigación lingüística e literaria e á docencia das linguas impartidas no grao.
B7 Participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural dos países das diversas linguas estranxeiras, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e de valores democráticos.
B8 Formular razoamentos críticos a respecto dos campos de estudo lingüístico e literario que conduzan á adquisición dun método sólido de análise lingüística e literaria para alén da mera aproximación subxectiva e intuitiva ás linguas e textos obxecto de estudo.
B9 Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais nas diversas linguas estranxeiras, formulando hipóteses, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de xeito eficaz e válido, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos.
B10 Mostrar coñecemento sobre outras culturas e expresións artísticas e ser competente para sensibilizar as persoas do entorno na apreciación da diversidade, interculturalidade e multiculturalidade. Así mesmo, explorar as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao.
B11 Visibilizar e valorar as contribucións feitas polas mulleres á literatura e á cultura producida no primeiro idioma estranxeiro nos seus diferentes ámbitos xeográficos e culturais. De igual modo, identificar os mecanismos de exclusión e discriminación das mulleres na linguaxe e adquirir formación no uso de linguaxe inclusiva.
B12 Ser competente para utilizar as novas tecnoloxías como recurso metodolóxico, de investigación, didáctico e de comunicación.
C142 Coñecer e comprender as/os principais autoras/es e textos da literatura escrita no primeiro idioma estranxeiro nos seus diferentes ámbitos xeográficos, sociais e culturais, distinguindo os principais movementos, épocas e tendencias.
C143 Analizar, interpretar e comentar as obras literarias seleccionadas, establecendo o marco no que se xeraron e analizando, a partir do texto, os trazos sociais ideolóxicos, históricos e culturais das obras.
C144 Visibilizar e pór en valor as achegas feitas polas mulleres á literatura escrita no primeiro idioma estranxeiro nos seus diferentes ámbitos xeográficos, sociais e culturais.
C145 Identificar o papel desempeñado polas expresións literarias nas relacións entre grupos dominantes e/ou minoritarios.
C146 Coñecer e comprender os procesos relacionados coa creación de textos literarios no primeiro idioma estranxeiro de diversos xéneros e procedentes de diversas tradicións.
C150 Recoñecer no texto as convencións especiais que operan no ámbito da comunicación literaria. O alumnado ha de identificar e interpretar os elementos propios dun texto literario ( tema, acción, personaxes, punto de vista. etc)
C151 Manexar a terminoloxía básica do primeiro idioma estranxeiro empregada no comentario de textos literarios en relación cos xéneros literarios, as figuras de dicción, os trazos estilísticos, os elementos narrativos, etc.
C152 Coñecer as tendencias actuais da teoría e crítica literaria, aplicando algúns dos enfoques críticos actuais á análise de textos literarios no primeiro idioma estranxeiro.
C154 Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais no primeiro idioma estranxeiro, formulando hipótese, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de maneira eficaz e válida, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos.
C155 Participar en debates e actividades de grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos con outros axentes da aula, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural nos países da primeira lingua estranxeira, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e valores democráticos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000