Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro II: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Valoración continua da participación activa nas actividades de presentación e control das prácticas lingüísticas, gramaticais e léxicas e de Landeskunde. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B7
B10
B12
B13
C15
C17
C18
C19
C147
Probas de resposta curta Proba escrita de contido léxico, gramatical e de Landeskunde. 80 A3
A4
B5
C17
C18
C19
C147
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación e conseguinte cualificación do
traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas metodoloxías e porcentaxes
descritas máis arriba. A proba escrita realizarase na mesma data que a fixada
no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT para a proba da avaliación
única
.

O alumnado que
non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla avaliación única
deberá realizar un exame escrito sobre os contidos da materia, que se realizará
na data oficial fixada no calendario aprobado pola Xunta da FFT, e máis outro
oral noutra data concertada co profesorado para superala. O primeiro cun valor
do 80% e o segundo cun valor do 20% da nota.

Tanto no caso da avaliación continua, como da
avaliación única, a nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para
superar a materia.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Exame teórico-práctico
escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación, que se
realizará na
data fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT. Para o alumnado que
durante o curso se acolleu á avaliación única este exame ten un valor do 80% da
nota; este alumnado terá que facer tamén unha proba oral polo 20% da
cualificación para superar a materia. A nota do exame escrito non deberá ser
inferior a 4 para superar a materia. A proba oral realizarase nunha data
concertada co profesorado



En calqueira das convocatorias de exames, o
profesorado pode esixir a realización dunha proba oral a aquel alumnado da
avaliación continua que, segundo o seu criterio, non demostrara suficiente
competencia na materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000