Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro II: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Valoración continua da participación activa nas actividades de presentación e control das prácticas lingüísticas, gramaticais e léxicas e de Landeskunde. 20 A5
B5
C1
C3
C7
C12
C13
D5
Probas de resposta curta Proba escrita de contido léxico, gramatical e de Landeskunde. 80 C5
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación e conseguinte
cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de
avaliación continua de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. Os
traballos de aula desenvolveranse semanalmente e a proba escrita realizarase na
derradeira semana de clase. O alumnado que suspenda será examinado de toda a
materia de acordo ao exposto máis abaixo, referente á convocatoria de xullo.

O alumnado que non se acolla ao
sistema de avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un
exame escrito na derradeira semana de clase sobre os contidos da materia e máis
outro oral noutra data concertada co profesorado para superala. O primeiro cun
valor do 80% e o segundo cun valor do 20% da nota.

Tanto no caso da avaliación
continua, como da avaliación única, a nota do exame escrito non deberá ser
inferior a 4 para superar a materia.

 

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO):
Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da
cualificación. Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación
única este exame ten un valor do 80% da nota; este alumnado terá que facer
tamén unha proba oral polo 20% da cualificación para superar a materia. A nota
do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia. A proba
oral realizarase nunha data concertada co profesorado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000