Valoración continua da participación activa nas actividades de presentación e control das prácticas lingüísticas, gramaticais e léxicas e de Landeskunde.
50
Probas de resposta curta
Proba escrita de contido léxico, gramatical e de Landeskunde.
50
Outros comentarios sobre a Avaliación
<p>A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. A condición para ser avaliado será a asistencia a un 80% das aulas. O alumnado que xa cursase a materia e non poida cumprir o requisito de asistencia deberá informar a profesora de calquera incidencia a este respecto. Ademáis, o alumnado que incumpra estas condicións deberá comunicarllo ó profesorado argumentadamente, coa fin de solventar e cubrir a perda de horas de asistencia e de traballo da maneira que considere axeitada o profesorado en cada caso particular.
<p>O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un exame ó final do cuadrimestre sobre os contidos da materia, e mais un traballo escrito acordado coa profesora responsable da materia. Este alumnado non ten ningunha obriga presencial, aínda que se lle aconsella que asista ás aulas.</p>
<p>SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación.</p>
<p> </p>
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000