Guia docente 2009_10
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo Idioma Estranxeiro II: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Avaliación continua da asistencia e participación. 15%
Resolución de problemas e/ou exercicios Valoración continua das prácticas gramaticais e léxicas. 20%
Traballos de aula Valoración continua da asistencia e participación activa nas actividades lingüísticas e de Landeskunde. 15%
Traballos tutelados Avaliación global das actividades de repaso. 10%
Probas de resposta curta Exame escrito de contido léxico, gramatical e de Landeskunde. 40%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación






CONVOCATORIA ORDINARIA


Ofrécense dous sistemas
de avaliación: continua e semipresencial.


O sistema de avaliación
continua implica a asistencia regular e a participación activa do alumnado no
desenvolvemento das clases maxistrais, así como nos traballos de aula e nos
tutelados, o que computa un 40 % da nota final. Non se obterá puntuación por
este concepto cando a asistencia sexa inferior a un 80 % do total das horas
de clase. Informarase a profesora de calquera incidencia en relación coa non
asistencia ás clases. Dentro deste concepto, as actividades voluntarias
computan nunha porcentaxe do 10 %. O resto de porcentaxes guíase segundo a
desagregación da táboa anterior.


Como alternativa ao
sistema de avaliación continua ordinario, proponse un sistema
de semipresencialidade, segundo o cal o estudantado que se acolla a el
terá que realizar con éxito as seguintes probas e tarefas para superar a materia:
un exame escrito final de contido léxico, gramatical e de Landeskunde(50 %) e a entrega de dous traballos
de contido lingüístico e/ou cultural (50 %). Estes traballos acordaranse
entre a docente e o alumnado.


CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA


Exame teórico-práctico
dos contidos do curso (100 %).


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000