Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro II: Alemán
   Contidos
Tema Subtema
1. Introdución: O alemán onte e hoxe. A pronunciación estándar e o curso de Alemán.
2. As preposicións de caso fixo: Acusativo e dativo. Línguas e dialectos. Hobbys, intereses e relacións.
3. Falar sobre o pasado (I): O Perfekt ou pretérito perfecto. Viaxes e medios de transporte. Imaxes de Alemaña.
4. O verbo e os seus complementos en acusativo e dativo: Nomes e pronomes persoais. Datos e datas.
5. Falar sobre o pasado (II): O Präteritum ou pasado simple. Adverbios e os adxectivos detrás do verbo. A vivenda e o seu contorno: Edificios e paisaxes.
6. Os pronomes posesivos, os determinantes e a declinación. O xenitivo. Textos e mensaxes curtos: Invitacións, receitas, cartas e postais.
7. As Wechselpräpositionen ou preposicións de dobre caso. O Präteritum ou pasado simple: verbos modais. Medicina, saúde, deporte e outras actividades.
8. A oración subordinada e a declinación do adxectivo: Introdución. O aspecto e a moda.
9. Verbos reflexivos e verbos impersoais. Sobre o ano: Clima, festas, etc.
10. O nome: Xénero e plural. Derivados verbais, compostos e estranxeirismos.
Observación:
Este temario inicial, en que se propón un estudo da lingua e da cultura alemás, está aberto a novas propostas que poidan xurdir durante o desenvolvemento das clases desta materia no referente aos temas de Landeskunde aquí propostos.
Outros temas de contido cultural ou de Landeskunde.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000