Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro II: Alemán
   Contidos
Tema Subtema
1. Introdución: O alemán onte e hoxe. A pronunciación estándar e o curso de Alemán.
2. As preposicións de caso fixo: Acusativo e dativo. Hobbys, intereses e relacións.
3. Falar sobre o pasado (I): O Perfekt ou pretérito perfecto. Viaxes e medios de transporte. Imaxes de Alemaña.
4. O verbo e os seus complementos en acusativo e dativo: Nomes e pronomes persoais. Datos e datas.
5. Falar sobre o pasado (II): O Präteritum ou pasado simple. Adverbios e os adxectivos detrás do verbo. A vivenda e o seu contorno: Edificios e paisaxes.
6. Os pronomes posesivos e o nome: Declinación. Textos e mensaxes curtos: Invitacións, receitas, cartas e postais.
7. O nome: Xénero e plural. Derivados verbais, compostos e estranxeirismos.
8. As Wechselpräpositionen ou preposicións de dobre caso. Medicina, saúde, deporte e outras actividades.
9. A oración subordinada e a declinación do adxectivo: Introdución. O aspecto e a moda.
10. Verbos reflexivos e verbos impersoais. Sobre o ano: Clima, festas, etc.
Observación:
Este temario inicial, en que se propón un estudo da lingua e da cultura alemás, está aberto a novas propostas que poidan xurdir durante o desenvolvemento das clases desta materia no referente aos temas de Landeskunde aquí propostos.
Outros temas de contido cultural ou de Landeskunde.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000