Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro II: Alemán
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

De acordo con isto, débense ter en conta as seguintes consideracións para calquera das convocatorias de exames.

Manteranse as metodoloxías docentes e a atención ao alumnado, aínda que adaptadas á situación que concorra en cada caso, mediante Campus Remoto e a través do sistema de Despachos e outras ferramentas virtuales, ademais do uso de Faitic e do correo electrónico.

Manteranse o sistema e os criterios de avaliación, aínda que poderían considerarse as seguintes modificacións.

No caso da modalidade da evaluación continua, as porcentaxes de avaliación descritos pasarían a ser 50% para o traballo de aula (valoración continua da participación activa do alumnado na presentación e control das diferentes actividades, ordinarias e complementarias) e 50% para a proba escrita.

No caso da modalidade da evaluación única, as porcentaxes de avaliación descritas pasarían a ser 50% para a elaboración dun traballo escrito extenso (superior a 15 páxinas) de carácter lingüístico ou cultural e 50% para o exame ou proba escrita. A profesora responsable da materia será quen determinará o contido e o desenvolvemento do traballo escrito e acordarao co alumnado. O traballo escrito debe ser entregado con anterioridad á celebración do exame escrito; a data límite de entrega é ás 12:00h do venres anterior ao día do exame escrito. A entrega do traballo será requisito previo para que o alumnado poida optar á realización do exame.



=== MODALIDADE MIXTA ===
Plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono: o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000