Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro II: Alemán
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2015_16
Materia Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro II: Alemán Código V01G180V01206
Titulación
Grao en Linguas Estranxeiras
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua de impartición
Alemán
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía inglesa, francesa e alemá
Coordinador/a
Corvo Sánchez, María José
Cortes Gabaudan, Helena
Correo-e hcortes@uvigo.es
mcorvo@uvigo.es
Profesorado
Cortes Gabaudan, Helena
Corvo Sánchez, María José
Web http://faitic.uvigo.es/
Descrición xeral É unha materia de seis créditos, que se imparte no segundo cuadrimestre do primeiro curso do grao, e que está concibida como unha continuación da materia Segundo Idioma Estranxeiro I, impartida no primeiro cuadrimestre como un curso de iniciación á lingua alemá básica, así como de introdución elemental ao coñecemento da cultura sobre a que se sostén esta lingua, entendendo con isto a lingua e a cultura dos pobos que se expresan en alemán e de modo principal Alemaña, Austria e Suíza. Xa que logo, debe entenderse esta materia como un medio de consolidación dunha boa base para seguir afondando máis adiante nos coñecementos do alemán, procurando prestar maior atención en posibles futuros cursos á progresión das destrezas orais, cuxa adquisición poderá ser máis rápida unha vez se asenten neste curso as bases gramaticais, léxicas e orais necesarias para unha aprendizaxe oral e práctica da lingua cotiá alemá.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000