Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro II: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas autónomas a través de TIC Os exercicios a través da plataforma Tema serán corrixidos individualmente e avaliados 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
B7
C14
C15
C17
C19
Traballo tutelado Presentación individual do traballo autónomo do alumno:
Ficha de lectura – Tema de civilización
30 A3
B1
B5
B10
C14
C15
C17
C19
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. – Proba final sobre os contidos teóricos e sobre os contidos prácticos. 50 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
B7
B10
C14
C15
C17
C19
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

O alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. A proba escrita terá lugar no período de exames na data do calendario aprobada pola Xunta de Facultade. A presentación individual terá lugar no período de exames na data acordada previamente coa profesora. As datas de entrega dos exercicios acordaranse coa profesora a principio do curso.

Para aprobar a materia será necesario entregar os traballos na
data requirida, e ter un mínimo de 4 na proba escrita final. As probas non entregadas contarán como un cero. En caso de plaxio, a nota é de suspenso.

O alumnado que, por motivos xustificados, non poida realizar a avaliación continua deberá falar coa profesora ao comezo do curso. Nese caso, e só neste caso, poderán examinarse do 100% da materia na 1ª edición de actas polo sistema de avaliación única. O exame será de comprensión/expresión oral e escritura, cunha cualificación de 30% o oral, e 70% o escrito. É necesario aprobar as dúas probas (oral, escrito) para poder superar a materia. O exame escrito terá lugar no período de exames na data do calendario aprobada pola Xunta de Facultade, e a proba oral tamén terá lugar no período de exames na data acordada previamente coa profesora.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xullo)

Na segunda edición de actas (xullo) haberá un exame de comprensión/expresión oral e escritura polo 100% da cualificación para o alumnado que non superara a materia na primeira edición. A cualificación será de 30% o oral, e 70% o escrito. É necesario aprobar as dúas probas (oral, escrito) para poder superar a materia. O exame terá lugar no período de exames na data do calendario aprobada pola Xunta de Facultade, e a proba oral tamén terá lugar no período de exames na data acordada previamente coa profesora.

Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de comunicación franceses.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000