Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro II: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado realizará exercicios teórico-prácticos ao longo do curso sobre os
contidos explicados pola profesora nas sesións teóricas.
100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na 1ª edición de actas o alumnado será avaliado mediante o sistema de
avaliación continua indicado arriba. O alumnado que, por motivos
xustificados, non poida realizar a avaliación continua deberá falar coa
profesora ao comezo do curso. Nese caso, e só nese caso, poderán examinarse do
100% da materia na 1ª edición de actas (50% teoría, 50% práctica). O exame terá
lugar ao final do cuadrimestre.

Para aprobar a materia será necesario ter entregado os traballos na data
requirida. As probas non entregadas contarán como un cero. En caso de plaxio, a
nota é de suspenso.

Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de
comunicación franceses.



Na segunda edición de actas (xullo) haberá un exame polo
100% da cualificación (50% teoría, 50% práctica) para o alumnado que non
superara a materia na primeira edición.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000