Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro II: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Traballos prácticos de comprensión e expresión en francés. 40
Outras Duas probas teórico-prácticas que se farán na aula ao longo do cuadrimestre. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na 1ª edición de actas os alumnos serán avaliados mediante o sistema de
avaliación continua indicado arriba. O alumnado que, por motivos
xustificados, non poida realizar a avaliación continua deberá falar co
profesorado ao comezo do curso. Nese caso, e só nese caso, poderán
examinarse do 100% da materia na 1ª edición de actas. O exame será de
comprensión/expresión escrita.

Para aprobar a materia será necesario ter entregado os traballos na data
requirida. As probas non entregadas contarán como un cero. En caso de plaxio, a
nota é de suspenso.

Recoméndase o traballo continuado e a consulta regular dos medios de
comunicación franceses.

Os estudantes que non superen as outras formas de avaliación terán dereito a
examinarse do 100% da materia en xullo. O exame será de
comprensión/expresión escrita.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000