Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro II: Francés
   Competencias
Código Descrición
A1 Que as/os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se atopa a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que as/os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que as/os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que as/os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Fomentar e mellorar a capacidade de comunicación nas linguas de estudo no grao, en diferentes contextos sociais, profesionais e culturais coas/os falantes das devanditas linguas, desenvolvendo as destrezas de comprensión e expresión orais e escritas, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural, incluíndo a defensa dos dereitos fundamentais, de igualdade social, de xénero, raza e orientación sexual, e os valores propios da democracia e a cultura da paz.
B5 Adquirir os coñecementos necesarios para a comprensión, desenvolvemento, análise, avaliación e aproveitamento para o futuro profesional dos recursos lingüísticos e literarios.
B7 Participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural dos países das diversas linguas estranxeiras, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e de valores democráticos.
B10 Mostrar coñecemento sobre outras culturas e expresións artísticas e ser competente para sensibilizar as persoas do entorno na apreciación da diversidade, interculturalidade e multiculturalidade. Así mesmo, explorar as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao.
C14 Sentar as bases e desenvolver as habilidades de comprensión e expresión oral.
C15 Sentar as bases do repertorio léxico básico do segundo idioma estranxeiro e expandir estes coñecementos a outras terminoloxías máis complexas.
C17 Fomentar a capacidade de desenvolvemento da lingua en uso e a aplicación práctica dos coñecementos gramaticais, léxicos e fraseolóxicos.
C19 Sentar as bases e desenvolver a comprensión dos aspectos fundamentais socio-culturais e de civilización dos países nos que se fala o segundo idioma estranxeiro.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000