Fomentar e mellorar a capacidade de comunicación nas linguas de estudo no grao, en diferentes contextos sociais, profesionais e culturais coas/os falantes das devanditas linguas, desenvolvendo as destrezas de comprensión e expresión orais e escritas, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural, incluíndo a defensa dos dereitos fundamentais, de igualdade social, de xénero, raza e orientación sexual, e os valores propios da democracia e a cultura da paz
A5
Adquirir os coñecementos necesarios para a comprensión, desenvolvemento, análise, avaliación e aproveitamento para o futuro profesional dos recursos lingüísticos e literarios
A7
Participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural dos países das diversas linguas estranxeiras, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e de valores democráticos
A10
Mostrar coñecemento sobre outras culturas e expresións artísticas e ser competente para sensibilizar as persoas do entorno na apreciación da diversidade, interculturalidade e multiculturalidade. Así mesmo, explorar as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao
B1
Que as/os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se atopa frecuentemente a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B5
Que as/os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000