Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro IV: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Redacción e exercicios sobre writing skills que se elaboran na aula, previa notificación de datas. 60 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B5
B6
B7
B9
B10
B11
C1
C3
C4
C5
C8
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba final 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B5
B6
B7
B9
B10
B11
C1
C3
C4
C5
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  1. O alumnado que opte por avaliación continua terá que facer, ao longo do curso, tres exercicios escritos avaliables na aula (en condicións de exame), que terán unha puntuacion progresiva, dende o 25% (o primeiro) o ata o 35% (o último). Estas probas realizaranse a intervalos regulares, entre a terceira e quinta semana (1ª proba), entre a sétima e novena semana (2ª proba), e entre a undécima e duodécima semana do curso. Reservarase, a criterio exclusivo do profesor, un 10% de cualificación para premiar a participación activa en exercicios de corrección nas clases P. A mera asistencia a clase non ten asignada avaliación, e non debe confundirse con participación activa.
  2. Esta materia ten un nivel de acceso de B2 (Independent User - Advanced) no ámbito das destrezas de expresión escrita. Pódese consultar a escala de niveis en Common European Framework of Refererence for Languages  (vexáse CEFR: http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/cadre1_en.asp).
  3. Non existe obriga de asistir a un mínimo de clases, pero a non asistencia ás clases nas que teñan lugar exercicios escritos avaliables, implicará a perda desa porcentaxe de nota (salvo enfermidade / causa debidamente xustificada, nese caso buscarase unha data alternativa para a redacción do exercicio).
  4. Pasada a data da primeira proba avaliable sen comparecencia, sen xustificación por forza maior (enfermidade, etc) o alumnado, sexa erasmus / outros convenios ou alumnado da UVigo,  perde o dereito a avaliación continua e pasará automaticamente a avaliación única (ver 6, 7).
  5. Tódalas clases nas que teñan lugar probas avaliables, dentro do calendario estipulado arriba, serán anunciadas coa debida e suficiente antelación tanto nas propias clases presenciais como na plataforma Faitic.
  6. A avaliación realizase exclusivamente por porcentaxes matemáticas (non por exames / seccións) polo que un resultado global de suspenso na 1ª edición de actas implica un nivel xeral insatisfactorio e require examinarse de novo en segunda edición de actas da materia completa. 
  7. O alumnado que dende o principio non opte a avaliación continua, ou perda o dereito a ésta por incorporarse tarde (v.gr. pasada a 1ª proba obrigatoria, véxanse puntos 1 e 4) será examinado mediante unha proba única que aglutinará todalas competencias escritas estudadas en clase (íncluindo a redacción dun essay), e que computará como o 100% da nota. Terá dereito a este exame tanto en 1ª como en 2ª convocatoria.
  8. O alumnado que inicie a avaliación continua (v.gr. presentandose ao primeiro exercicio escrito) e posteriormente a abandone por non comparecer os demáis, será cualificado en 1ª convocatoria, entendéndose que asumiu o sistema de avaliación continua para 1ª edición de actas. Este alumnado, polo tanto, só poderá presentarse ao exame global en 2ª convocatoria.
  9. A edición de actas de xullo constará dun exame composto por varias probas escritas, que de xeito máis sintético que a avaliación continua, avaliará tódalas competencias escritas avaliadas desta materia. O alumnado ten que prever un tempo máximo de realización deste exame de 2 horas 30 minutos. Lémbrase que, conforme a normativa deste centro, non se modificará a data deste exame por coincidencia con outra convocatoria de exame de xullo doutra materia de Linguas Estranxeiras, dado que o profesorado non ten máis obriga que a de cumplir o calendario oficial de exames determinado pola Facultade de Filoloxía e Tradución. 
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000