Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro IV: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Redacción e exercicios sobre writing skills que se elaboran na aula, previa notificación de datas. 60 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B5
B6
B7
B9
B10
B11
C1
C3
C4
C5
C8
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba final 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B5
B6
B7
B9
B10
B11
C1
C3
C4
C5
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.- O alumnado que opte por avaliación continua terá que facer, ao longo do curso, tres exercicios escritos avaliables na aula (en condicions de exame), que terán unha puntuacion progesiva, dende o 25% (o primeiro) o ata o 35% (o útlimo). Estas probas realizaránse a intervalos regulares, entre a terceira e quinta semana (1ª proba), entre a sétima e novena semana (2ª proba), e entre a undécima e duodécima semana do curso. Reservaráse, a criterio exclusivo do profesor, un 10% de cualificación para premiar a participación activa en exercicios de corrección nas clases P. A mera asistencia a clase non ten asginada avaliación, e non debe confundirse con participación activa.

2.- Esta materia ten un nivel de acceso de B2 (Independent User - Advanced) no ámbito das destrezas de expresión escrita. Podése consultar a escala de niveis en Common European Framework of Refererence for Languages  (vexáse CEFR: http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/cadre1_en.asp).

3.-Non existe obriga de asistir a un mínimo de clases, pero a non asistencia ás clases nas que teñan lugar exercicios escritos avaliables, implicará a perda desa porcentaxe de nota (salvo enfermidade / causa debidamente xustificada, nese caso buscaráse unha data alternativa para a redacción do exercicio).

4.- Pasada a data da primeira proba avaliable sen comparecencia, sen xustificación por forza maior (enfermidade, etc) o alumnado, sexa erasmus / outros convenios ou alumnado da UVigo,  perde o dereito a avaliación continua e pasará automaticamente a avaliación única (ver 6, 7).

5.- Todalas clases nas que teñan lugar probas avaliables, dentro do calendario estipulado arriba, serán anunciadas coa debida e suficiente antelación tanto nas propias clases presenciais como na plataforma Faitic.

6.- A avaliación realizase exclusivamente por porcentaxes matemáticas (non por exames / seccións) polo que un resultado global de suspenso na 1ª edición de actas implica un nivel xeral insastifactorio e require examinarse de novo en segunda edición de actas da materia completa. 

7.- O alumnado que (i) dende o principio non opte a avaliación continua, (ii)  a abandone nalgún punto (v.gr.,non acuda a unha proba avaliable obrigatoria) , ou (iii) perda o dereito a ésta por incorporarse moi tarde (v.gr. pasada a 1ª proba obrigatoria, véxanse puntos 1 e 3) será examinado mediante unha proba única que incluirá a redacción dalgún/s do/s tipos de traballo vistos en clase, e que computará como o 100% da nota, exclusivamente na segunda edición de actas (ver 7). A primeira edición de actas rexiráse únicamente polo sistema de avaliación continua que requerirá a presenza obrigatoria do alumnado nas datas concretas nas que se celebren probas.

8.-A edición de actas de xullo constará dun exame composto por varias probas escritas, que de xeito máis sintético que a avaliación continua, avaliará todalas competencias escritas avaliadas desta materia. O alumnado ten que prever un tempo máximo de realización deste exame de 2 horas 30 minutos. Lémbrase que, conforme a normativa deste centro, non se modificará a data deste exame por coincidencia con outra convocatoria de exame de xullo doutra materia de Linguas Estranxeiras, dado que o profesorado non ten máis obriga que a de cumplir o calendario oficial de exames determinado pola Facultade de Filoloxía e Tradución. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000