Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro IV: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Redaccións que se elaboran na aula, previa notificación de datas. 60 A1
A2
A3
B4
C1
C4
C5
C6
C9
C13
D1
D4
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba final 40 A1
A2
A3
B4
C1
C4
C5
C6
C9
C13
D1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.- O alumnado que opte por avaliación continua terá que facer, ao longo do curso, dous exercicios escritos na aula (en condicions de exame), que puntuarán, cada un, entre un 20% e un 50 % da nota global. Estas probas realizaránse entre a terceira e quinta semana (1ª proba) , e entre a sétima e novena semana (2ª proba) do curso.  O resto da puntuación, que non excederá do 40%, corresponderá a unha tercera proba na última semana lectiva do curso. Reservaráse, a criterio exclusivo do profesor, un 10% de cualificación para premiar a participacion activa en clase. A mera asistencia a clase non ten asginada avaliación.

2.-Non existe obriga de asistir a un mínimo de clases, pero a NON asistencia ás clases nas que teñan lugar exercicios escritos avaliables, implicará a perda desa porcentaxe de nota (salvo enfermidade / causa debidamente xustificada, nese caso buscaráse unha data alternativa para a redacción do exercicio).

3.- Pasada a data da primeira proba avaliable sen comparecencia, sen xustificación por forza maior (enfermidade, etc) o alumnado, sexa erasmus / outros convenios ou alumnado da UVigo,  perde o dereito a avaliación continua e pasará automaticamente a avaliación única.

4.- Todalas clases nas que teñan lugar probas avaliables, dentro do calendario estipulado arriba, serán anunciadas coa debida e suficiente antelación tanto nas propias clases presenciais como na plataforma Faitic.

5.- A avaliación realizase exclusivamente por porcentaxes matemáticas (non por exames / seccións) polo que un resultado global de suspenso na 1ª edición de actas implica un nivel xeral insastifactorio e require examinarse de novo en segunda edición de actas da materia completa. 

6.- O alumnado que: dende o principio non opte a avaliación continua,  a abandone nalgún punto (v.gr.,non acuda a unha proba avaliable obrigatoria) , ou perda o dereito a esta por incorporarse moi tarde (v.gr. pasada a 1ª proba obrigatoria, véxanse puntos 1 e 3) será examinado mediante unha proba única que incluirá a redacción dalgún/s do/s tipos de traballo vistos en clase, e que computará como o 100% da nota. Esta proba terá lugar simultáneamente coa tercera e última proba de avaliación continua, na última semana lectiva (ver 1), e poderá durar ata un máximo de 2 horas.

7.-A edición de actas de xullo constará dun exame composto por varias probas escritas, que de xeito máis sintético que a avaliación continua, avaliará todalas competencias escritas avaliadas desta materia. O alumnado ten que prever un tempo máximo de realización deste exame de 2 horas 30 minutos. Lémbrase que, conforme a normativa deste centro, non se modificara a data deste exame por coincidencia con outra convocatoria de exame de xullo doutra materia de Linguas Estranxeiras, dado que o profesorado non ten máis obriga que a de cumplir o calendario oficial de exames determinado pola Facultade de Filoloxía e Tradución. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000