Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro IV: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Redaccións que se elaboran na aula, previa notificación de datas. 30
Resolución de problemas e/ou exercicios Exercicios feitos en horario de clase que se entregan á/o profesor/a. 30
Probas de resposta curta Probas periódicas sobre contidos teóricos 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

a)       
Primeira edición de actas:

Para acollerse ao sistema de avaliación continua, o
estudantado debe asistir con regularidade ás sesións presenciais,
tanto teóricas coma prácticas, así como entregar os traballos ou exercicios que se lle requiran.

A nota final obtida por medio do sistema de avaliación
continua
será o resultado do cómputo das seguintes partes:

1.
Faranse unha serie de probas en clases durante o curso sobre as estratexias de escrita
que sumarán unha nota final do 40%. As probas ás que o alumnado non asista
contarán cunha nota de cero.

2.
Realizaranse unha serie de probas de resolución de exercicios que sumarán un 30%. A non asistencia a algunha delas
contará cunha nota de cero.

3. Realizaranse unha serie de probas periódicas sobre contidos teóricos que sumarán un máximo de 40%. A non asistencia implicará perda proporcional desa parte da nota.

4. Ninguna das probas implicará traballo feito en casa, dada a orientación práctica da materia. Nas probas de redacción poderán usarse, a criterio do profesorado, diccionarios ou ferramentas similares.

A entrega de traballos e exercicios así como a realización das probas parciais implican a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do alumnado. O alumnado avaliado por este sistema non poderá presentarse ao exame final de maio, e a súa nota da primeira edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o curso.

O alumnado que non asista ás clases con regularidade e/ou non entregue os traballos nin realice ningún exame parcial, poderá presentarse ao exame final de maio, e a súa nota da primeira edición de actas corresponderá á nota obtida nese exame.

b)       
Segunda edición de actas (xullo):

A segunda
edici
ón das actas consistirá
nunha proba única sobre os coñecementos teóricos e prácticos sobre as destrezas
de escrita e lectura, na que se aplicarán as porcentaxes de 40% para as preguntas de tipo teórico e 60% para as probas de tipo práctico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000