Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro IV: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Redaccións que se elaboran na aula. 30%
Outras Proba final consistente en preguntas teóricas e a aplicación práctica dos contidos do programa. 50%
Probas de resposta curta Probas puntuais sobre a materia, conceptos teóricos e a súa aplicación. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

a)       
Primeira edición de actas:

Para aterse ao sistema de avaliación continua, o
estudantado debe asistir como mínimo ao 80 % das sesións presenciais,
tanto teóricas como prácticas.

A nota final obtida por medio do sistema de avaliación
continua
será o resultado do cómputo das seguintes partes:

1.
Faranse unha serie de probas durante o curso sobre as estratexias de escrita
que sumarán unha nota final do 30%. As probas ás que o alumnado non asista
contarán cunha nota de cero.

2.
Realizaranse unha serie de probas de resposta curta sobre os coñecementos
de escrita e lectura que sumarán un 20%. A non asistencia a algunha delas
contará cunha nota de cero.

3.
Haberá unha proba final consistente en preguntas teóricas e a aplicación
práctica dos contidos do programa que computará coma o 50% da nota final.

Se algún estudante non pode asistir ás clases debe
comunicarllo ao profesorado da materia razoadamente e por escrito durante os
primeiros 15 días do curso
-- durante ese prazo o alumnado poderá renunciar
á avaliación continua, pero pasado ese prazo, o alumnado non poderá renunciar á
avaliación continua e deberá asistir ao 80% das clases como mínimo.  Se o xustificante de non asistencia
presentado a priori é aceptado polo profesorado, o alumno/a será
avaliado/a en maio cun único exame
escrito
que suporá o 100% da nota e constará de exercicios de Reading (50%)
e Writing (50%).

En calquera caso, para superar a materia será necesario
aprobar cada unha das probas especificadas, de xeito que un insuficiente nunha
delas implica un suspenso na materia. As probas que non sexan entregadas
ou as feitas na aula que o alumnado non entregue en tempo e forma contarán
como un cero. O plaxio considerarase como un suspenso.

b)       
Segunda edición de actas (xullo):

A segunda
edici
ón das actas consistirá
nunha proba única sobre os coñecementos teóricos e prácticos sobre as destrezas
de escrita e lectura, na que se aplicarán as porcentaxes de 50% para cada unha
das dúas destrezas tratadas. Nesta segunda edición das actas, o alumnado de
avaliación continua que non superou a primeira convocatoria deberá facer
únicamente aquelas partes que non aprobou. Se suspende esa convocatoria, nas
seguintes deberá examinarse da materia completa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000