Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro IV: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Redaccións que se elaboran na aula. 30%
Outras Proba final consistente en preguntas teóricas e a aplicación práctica dos contidos do programa. 50%
Probas de resposta curta Probas puntuais sobre a materia, conceptos teóricos e a sua aplicación. 20%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación é continua.

Os alumnos deben asistir ao 80% das clases como mínimo (tanto de horas teóricas como das prácticas). De non facelo pérdese o dereito á avaliación continua e neste caso o 100% da nota final constará da nota do exame oficial na convocatoria de xullo (proba única sobre os coñecementos teóricos e prácticos). A posibilidade de faltar ao 20% xa contempla as faltas por emerxencias e por enfermidade, por tanto non se aceptará xustificación das faltas agás en casos moi limitados e excepcionais.

A avaliación continua do alumnado require que o alumnado demostre as súas capacidades con regularidade ó longo do cuadrimestre. Por tanto, as probas e traballos de clase non son recuperables. As probas e os traballos feitos na clase que os alumnos no entreguen por non asistir a clase contarán como un "0". Para o cálculo da nota final aceptarase como máximo dous xustificantes oficiais para eliminar notas de "0" asignadas por faltas de asistencia. As probas de tipo "resposta curta" serán controis puntuais que non se anuncian antes de relizalos. Anunciaranse na aula as datas nas que se realizarán os "traballos de aula" que son redaccións.

As horas presenciais requiren, ademais da asistencia, unha preparación adecuada e unha participación activa.

O plaxio total ou parcial nos traballos entregados suporá o suspenso automático na materia.

Segunda Convocatoria: Na segunda convocaoria (xullo) haberá unha proba única sobre os coñecementos teóricos e prácticos (100% da nota final).

Recoméndase que os alumnos sigan a avaliación continua, sendo o sistema con mais posibilidades de exito para o alumnado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000