Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro III: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Dúas probas realizadas ao longo do curso baseadas nos contidos gramaticais e léxicos impartidos (gramática: 30%; vocabulario: 20%). 50 A1
A2
A3
B1
B5
B13
C1
C4
C13
Presentacións/exposicións Avaliación das presentacións, simulacións e outras actividades orais realizadas nas clases prácticas. 25 A3
A5
B1
B6
B9
C2
C4
C6
C10
C11
C13
Traballos de aula Dúas probas de escoita realizadas ao longo do curso, a primeira en sesión de aula e a segunda na data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta de Facultade. 25 A1
A5
B13
C2
C4
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A1) Avaliación continua

A avaliación será continua conforme ao sistema detallado arriba e terá lugar ao final do segundo cuadrimestre.

A asistencia ás clases non é obrigatoria, pero si é obrigatorio realizar todas as probas previstas na avaliación. As probas non realizadas contarán como un cero. A primeira proba escrita terá lugar ao final da unidade 3 de gramática e da unidade 4 de vocabulario (aproximadamente na semana 8 de clases). Na mesma semana celebrarase a primeira proba de escoita. A segunda proba escrita e a segunda proba de escoita terán lugar nas datas establecidas no calendario de exames aprobado na Xunta de Facultade. Todas as datas exactas das probas
avaliables (escritas) figurarán no cronograma entregado ao comezo do cuadrimestre, e tamén serán anunciadas na aula e en Faitic con antelación suficiente. Se
un/ha alumno/a, por causas de forza maior debidamente xustificadas, non puidese
realizar algunha proba, deberá falar co profesorado con anterioridade á data de realización da proba, para establecer
unha nova data. As probas de expresión oral terán lugar nas sesións de clase e serán programadas e anunciadas coa debida antelación por Faitic e na aula. No caso de que houbera alumnado que non puidese realizar algunha destas probas de expresión oral na data e/ou hora programadas, deberá porse en contacto coa profesora de prácticas con antelación.

Este proceso de avaliación está deseñado para o alumnado que asista a clase regularmente. É responsabilidade do alumnado estar en contacto coa materia tanto se asistiu ás clases coma se non.

A2) Avaliación única

O alumnado que non realice a avaliación continua será avaliado mediante dúas probas que terán lugar ao final do cuadrimestre:

a) un exame escrito,
que suporá o 75% da nota global e constará de exercicios de gramática (30%),
vocabulario (20%) e escoita (25%);

b) un exame de expresión oral, que contará como o 25%
restante.

As datas dos exames escritos terán lugar nos días establecidos no calendario de exames aprobado na Xunta de Facultade e serán lembradas por Faitic coa antelación necesaria. Para a realización
da proba de expresión oral, o alumnado deberá porse en contacto co profesorado da materia con anterioridade ao final das clases.

Requisitos para aprobar a materia tanto para o alumnado de avaliación continua como de avaliación única:

Para aprobar a materia é requisito indispensable obter unha cualificación individual de alomenos un 4 en cada unha das catro partes (gramática, vocabulario, escoita e expresión oral). De non cumplirse este requisito, aínda que a media aritmética das catro partes sexa superior a 5, a/o alumna/o non superará a materia.

No caso de superar dous ou tres das catro partes na primeira edición de actas, conservarase a cualificación ata a segunda edición de actas de xullo, na que a/o alumna/o se deberá examinar das partes non aprobadas. Se un/a alumno/a suspende tres partes na primeira edición de actas, deberá examinarse de toda a materia na segunda edición.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo
ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón
un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.

B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

O alumnado que non supere a materia na primeira edición de actas
poderase presentar en xullo para a segunda edición de actas. A avaliación
consistirá en dúas probas:

a) un exame escrito, que suporá o 75% da nota global
e constará de exercicios de gramática (30%), vocabulario (20%) e escoita (25%);

b) un exame de expresión oral, que contará como o 25% restante.

A data do exame escrito
será a data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade. Para a realización da
proba de expresión oral, o alumnado deberá porse en contacto co profesorado da materia con antelación.

Como na primeira edición de actas, para aprobar a materia é requisito indispensable obter unha
cualificación individual de alomenos un 4 en cada unha das catro partes
(gramática, vocabulario, escoita e expresión oral). De non cumplirse
este requisito, aínda que a media aritmética das catro partes sexa
superior a 5, a/o alumna/o non superará a materia.

A copia ou plaxio total ou parcial no exame suporá un cero na parte correspondente do exame. Alegar descoñecemento do que supón
un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000