Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro III: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Dúas probas realizadas ao longo do curso baseadas nos contidos gramaticais e léxicos impartidos (gramática: 30%; vocabulario: 20%). 50 A1
A2
A3
B1
B5
B13
C1
C4
C13
Presentacións/exposicións Avaliación das presentacións, simulacións e outras actividades orais realizadas nas clases prácticas. 20 A3
A5
B1
B6
B9
C2
C4
C6
C10
C11
C13
Traballos de aula Dúas probas de escoita realizadas nas sesións de aula. 30 A1
A5
B13
C2
C4
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A avaliación na primeira edición de actas será continua conforme o sistema detallado arriba.

A asistencia ás clases non é obrigatoria, pero si é obrigatorio realizar todas as probas previstas na avaliación. As probas non realizadas contarán como un cero. A primeira proba escrita terá lugar ao final da unidade 3 de gramática e da unidade 4 de vocabulario (aproximadamente na semana 8 de clases). Na mesma semana celebrarase a primeira proba de escoita. A segunda proba escrita e a segunda proba de escoita terán lugar nas datas establecidas no calendario de exames aprobado na Xunta de Facultade. Todas as datas exactas das probas
avaliables (escritas) figurarán no cronograma entregado ao comezo do cuadrimestre, e tamén serán anunciadas na aula e en Faitic con antelación suficiente. Se
un/ha alumno/a, por causas de forza maior debidamente xustificadas, non puidese
realizar algunha proba, deberá falar co profesorado, con anterioridade á data de realización da proba, para establecer
unha nova data. No caso das probas orais, o alumnado deberá porse en contacto co profesorado da materia con antelación.

Este proceso de avaliación está deseñado para o alumnado que asista a clase regularmente. É responsabilidade do alumnado estar en contacto coa materia tanto se agarraches ás clases coma se non.

O alumnado que non realice a avaliación continua será avaliado mediante dúas probas que terán lugar ao final do cuadrimestre:

a) un exame escrito,
que suporá o 80% da nota global e constará de exercicios de gramática (30%),
vocabulario (20%) e escoita (30%);

b) un exame oral, que contará como o 20%
restante.

As datas dos exames escritos terán lugar nos días establecidos no calendario de exames aprobado na Xunta de Facultade e serán lembradas por Faitic coa antelación necesaria. Para a realización
da proba oral, o alumnado deberá porse en contacto co profesorado da materia con anterioridade ao final das clases.

Para realizar a media global da materia, a cualificación individual de cada destreza deberá ser como mínimo de 4. Pola contra, o alumnado non superará a materia aínda que a media aritmética de todas as destrezas sexa superior a 5.

No caso de superar dous ou tres das catro destrezas na primeira edición de actas, conservarase a cualificación ata a segunda edición de actas de xullo, na que a/o alumna/o se deberá examinar das destrezas non aprobadas. Se un/a alumno/a suspende tres destrezas na primeira edición de actas, deberá examinarse de toda a materia na segunda edición.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo
ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón
un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

O alumnado que non supere a materia na primeira edición de actas
poderase presentar en xullo para a segunda edición de actas. A avaliación
consistirá en dúas probas:

a) un exame escrito, que suporá o 80% da nota global
e constará de exercicios de gramática (30%), vocabulario (20%) e escoita (30%);

b) un exame oral, que contará como o 20% restante.

A data do exame escrito
será a data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade. Para a realización da
proba oral, o alumnado deberá porse en contacto co profesorado da materia con antelación.

Como na primeira edición de actas, para realizar a media global da materia a calificación individual de cada destreza deberá ser como mínimo de 4. De non ser así, o alumnado non superará a materia aínda que a media aritmética de todas as destrezas sexa superior a 5.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000