Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro III: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Dúas probas realizadas ao longo do curso baseadas nos contidos gramaticais e léxicos impartidos (gramática: 30%; vocabulario: 20%). 50 A1
A2
A3
C1
C5
C13
D1
Presentacións/exposicións Avaliación das presentacións, simulacións e outras actividades orais realizadas nas clases prácticas. 20 A3
A5
C1
C6
C9
D4
D5
Traballos de aula Dúas probas de escoita realizadas nas sesións de aula (semanas 8 e 15). 30 A1
A5
C13
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A avaliación na primeira edición de actas será continua consonte o sistema detallado arriba.

A asistencia ás aulas non é obrigatoria, pero si é obrigatorio realizar todas as probas previstas na avaliación. As probas non realizadas contarán coma un cero. A primeira proba escrita terá lugar ao remate da unidade 3 de gramática e da unidade 4 de vocabulario (aproximadamente na semana 8 de aulas). Na mesma semana celebrarase a primeira proba de escoita. A segunda proba escrita e a segunda proba de escoita terán lugar na semana do 9 de maio. As datas exactas das probas
avaliábeis figurarán no cronograma entregado ao comezo do cuadrimestre, e tamén serán anunciadas na aula e en Faitic con antelación suficiente. Se
un/ha alumna/o, por causas de forza maior debidamente xustificadas, non puidese
realizar algunha proba, deberá falar co profesorado, con anterioridade á data de realización da proba, para estabelecer
unha nova data.

Este proceso de avaliación está deseñado para o alumnado que asista a clase regularmente. É responsabilidade do alumnado estar en contacto coa materia tanto se asiste ás aulas como se non.

O alumnado que non realice a avaliación continua será avaliado mediante dúas probas que terán lugar ao final do cuadrimestre:

a) un exame escrito,
que suporá o 80% da nota global e constará de exercicios de gramática (30%),
vocabulario (20%) e escoita (30%);

b) un exame oral, que contará como o 20%
restante.

O exame de gramática e vocabulario celebrarase o luns 9 de maio. O exame de escoita terá lugar o xoves 12 de maio. Para a realización
da proba oral, o alumnado deberá porse en contacto co profesorado da materia con antelación ao remate das aulas.

Para realizar a media global da materia, a cualificación individual de cada destreza deberá ser como mínimo de 4. De non ser así, o alumnado non superará a materia aínda que a media aritmética de todas as destrezas sexa superior a 5.

No caso de superar dúas ou tres das catro destrezas na primeira edición de actas, conservarase a cualificación até a segunda edición de actas de xullo, na que a/o alumna/o se deberá examinar das destrezas non aprobadas. Se un/ha alumna/o suspende tres destrezas na primeira edición de actas, deberá examinarse de toda a materia na segunda edición.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo
ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón
un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

O alumnado que non supere a materia na primeira edición de actas
poderase presentar en xullo para a segunda edición de actas. A avaliación
consistirá en dúas probas:

a)  un exame escrito, que suporá o 80% da nota global
e constará de exercicios de gramática (30%), vocabulario (20%) e escoita (30%);

b) un exame oral, que contará como o 20% restante.

A data do exame escrito
será a data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade. Para a realización da
proba oral, o alumnado deberá porse en contacto co profesorado da materia con antelación.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000