Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro III: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas realizadas ao longo do curso baseadas nos contidos gramaticais e léxicos impartidos (gramática: 30%; vocabulario: 20%). 50
Presentacións/exposicións Avaliación das presentacións, simulacións e outras actividades orais realizadas nas clases prácticas. 20
Traballos de aula Probas de escoita realizadas nas sesións de aula. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A avaliación na primeira edición de actas será continua
consonte o sistema detallado arriba.

É obrigatorio realizar todas as probas previstas na
avaliación. As probas non realizadas contarán coma un cero. As datas das probas
avaliábeis serán anunciadas na aula e en Faitic con antelación suficiente. Se
un/ha alumna/o, por causas de forza maior debidamente xustificadas, non puidese
realizar algunha proba, deberá falar co profesorado, con anterioridade á data de realización da proba, para estabelecer
unha nova data.

Este proceso de avaliación está deseñado para o alumnado que
asista a clase regularmente. Excepcionalmente, aquelas persoas que non poidan
asistir ás aulas con regularidade, deberán comunicarllo por escrito ao
profesorado da materia ao principio do cuadrimestre. Pasarán a ser avaliadas
mediante dúas probas realizadas ao final do cuadrimestre:

(i) un exame escrito,
que suporá o 70% da nota global e constará de exercicios de gramática (30%),
vocabulario (20%) e escoita (20%);

(ii) un exame oral, que contará como o 30%
restante.

A data do exame escrito será anunciada a través de Faitic. Para a realización
da proba oral, o alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da materia
con antelación.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de
traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón
un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

O alumnado que non supere a materia na primeira edición de
actas poderase presentar en xullo para a segunda edición de actas. A avaliación
consistirá en dúas probas:

(i) un exame escrito, que suporá o 70% da nota global
e constará de exercicios de gramática (30%), vocabulario (20%) e escoita (20%);

(ii) un exame oral, que contará como o 30% restante.

A data do exame escrito
será a data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade. Para a realización da
proba oral, o alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da materia con
antelación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000