Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro III: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas baseadas nos contidos gramaticais e léxicos impartidos. 50
Presentacións/exposicións
Avaliación das presentacións, simulacións e outras actividades orais realizadas nas clases prácticas.
20
Traballos de aula Probas de escoita realizadas nas respectivas sesións de aula.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O proceso de avaliación recomendado está deseñado para todo o alumnado que asista a clase regularmente, o que non implica que a asistencia en si mesma forme parte da cualificación.  

O alumnado non asistente, será avaliado mediante un exame escrito a final de cuadrimestre que suporá o 70% da nota e constará de exercicios de gramática (30%), vocabulario (20%) e escoita / expresión oral (20%). 

OS TRABALLOS, EXERCICIOS OU PROBAS DE AULA PERDIDAS/OS POR FALTA DE ASISTENCIA (AGÁS CAUSA XUSTIFICADA / FORZA MAIOR) NON SERÁN RECUPERABLES NOUTRAS SESIÓNS, DADO QUE ISTO ALTERARÍA O RITMO DA DOCENCIA. POR TANTO, CADA ALUMNA/O É RESPONSABLE DE DECIDIR Ó PRINCIPIO DO CUADRIMESTRE SE ESTÁ EN CONDICIÓNS DE ASISTIR REGULARMENTE ATA O FINAL, E ASÍ OPTAR Á AVALIACIÓN CONTINUA.

Durante o curso, o profesorado informará con antelación suficiente (unha semana) das datas de actividades avaliables que formen parte da avaliación continua. 

O alumnado que non supere a materia en maio poderase presentar en xullo para a segunda edición de actas. Nesta edición faranse probas escritas e orais semellantes ás descritas ao final do primeiro parágrafo (exercicios de gramática: 30%, vocabulario: 20%, escoita: 20%, escoita / expresión oral: 30%). 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000